Conversa:Os renovadores

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

@HombreDHojalata: non entendo que problema pode haber con sacar unha foto a unha marca, falando da súa tipografía. Penso que non se infrinxe nada ao facelo, e ademais a historia de Sargalelos é como é poque ven de onde ven. Outra cousa é que non se poida reproducir un cadro en concreto (ou un deseño), por dereitos de autor, pero unha marca que está en todas partes sen problema... igual que se pode sacar unha foto a un escaparete de louza e dicir que louza é, non? Hai entradas onde se reproduce o logo sen problema: https://gl.wikipedia.org/wiki/Coca-Cola Levado ao extremo, tampouco poderíamos mencionar a marca, que tamén está rexistrada. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Gasparoff (conversacontribucións) 9 de xuño de 2021 ás 22:29

Unha foto dunha obra con dereitos é unha obra derivada. Sobre iso tes máis información en Commons:Commons:Derivative works. O logo da Coca-Cola, tal e como se explica en commons:File:Coca-Cola logo.svg, está no dominio público pola súa antigüidade. Sobre estes temas tes máis información en Commons:Commons:Licensing. Por outra banda, para falar dun ficheiro concreto é mellor facelo na súa propia páxina de conversa, neste caso en commons:File talk:Marca de Sargadelos.png. --. HombreDHojalata.conversa 9 de xuño de 2021 ás 22:32 (UTC)[responder]

Enrique Campo[editar a fonte]

Se este movemento dos Renovadores "foi un grupo de artistas galegos que quixeron renovar as formas plásticas da arte galega a partir dos anos 1920s", non entendo por que se inclúe a Enrique Campo, que morreu en 1911. Pedro --Lameiro (conversa) 19 de xaneiro de 2022 ás 21:41 (UTC)[responder]

Boas, tes razón en que é contraditorio; se o tomamos como definición estrita non entraría, e de feito xa o acabo de cambiar. Campo finou moi cedo, aos vinte anos, pero era da xeración deles. Nace a canda vangardistas como El Lissitzki e Naum Gabo ou o expresionista Fritz Lang. Na definición de Vangardas tamén hai eses problemas, ás veces chámanse "vangardas do século XX" pero o nome xa se usaba medio século antes que o surrealismo ou cubismo. Algúns de Els Quatre Gats que logo foron expresionistas, ou cubistas como Picasso, tamén facían cousas neses anos cun estilo "pouco vangardista", debuxo satírico no estilo das revistas centroeuropeas, ou vinculado ao Ars & Crafts e o modernismo catalán (e como puxen no artigo, por que a Picasso, que se formou na Coruña, nunca se inclúe nos Renovadores pero a José Frau si?).
O movemento en Galiza foi menos rompedor por varias causas que procurei explicar, por iso puxen un apartado no artigo adicado ao contexto, os precusores, a xeración doente, etc, e as conversas sobre as vangardas de Castelao con Manuel Antonio... Ao mesmo tempo que valoraban a tradición eran moi cosmopolitas, e para ese movemento foi fundamental o traballo que fixo outra xente, desde a xeración Nós a científicos do Seminario de Estudos Galegos, arqueólogos, etc., e aí entra Enrique Campo (tamén se podía preguntar por que non menciono a seus curmáns pintores, que expuxeron con Castelao) con só catro anos de traballo pero moi intensos.
En todo caso, eu puxen no artigo que é un esbozo, pero alguén quitou as iconas de "Arte en progreso" e "Galiza en progreso" porque din que un esbozo é outra cousa (é verdade que teño visto a icona en artigos de dúas liñas). Certamente non é un esbozo, pero é un proxecto con moito apuntamento solto, ao que vou metendo arranxiños desde que o empecei hai medio ano. Por un lado estouno a procrastinar a ver cando atopo uns días nos que me concentre para reformatalo, e por outro, sendo como é un período tan importante para a arte galega, estaba a esperar a ver se alguén con ese material lle vai dando un xeitiño completando campos.
Grazas pola nota, saúdos! Gasparoff (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 20:54 (UTC)[responder]