Saltar ao contido

Conversa:Os Tilos, Teo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Os Tilos, Teo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 10:50 (UTC)[responder]

Mapa das parroquias de Galicia.

Non figura no Nomenclátor de Galicia como parroquia civil

[editar a fonte]

Segundo o Nomenclátor de Galicia en Teo non existe esta parroquia. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 10 de abril de 2020 ás 17:50 (UTC)[responder]

Maria zaos, ‎Elisardojm, aparece como parroquia tanto no mapa parroquial da Xunta de Galicia como no nomenclátor do IGE ([1]). One2 (conversa) 17 de xuño de 2020 ás 22:42 (UTC)[responder]
One2, no Nomenclátor oficial da Xunta de Galicia non aparece como parroquia, e o que apareza no IGE ou nese mapa non é realmente o oficial. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2020 ás 08:43 (UTC)[responder]
One2 A fonte dos datos do IGE que citas, que aparece abaixo, é o padrón continuo do INE (e si, aparece, pero non está especificado que sexa parroquia, meramente é unha unidade estatística, igual que poden existir outras unidades como as de censo electoral etc.) e Nomenclátor (non especifica cal). Nesta conversa explico un pouco como vai a xerarquía dos nomenclátores e por que o de Galicia podería estar obsoleto nalgúns casos. No caso que nos ocupa, o Nomenclátor de Galicia non a recolle, o Nomenclátor básico de España non a recolle e o Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población tampouco. Como entidade colectiva (parroquia civil) dende logo non hai datos. Un saúdoMaria zaos (conversa) 18 de xuño de 2020 ás 10:22 (UTC)[responder]
Outra fonte Maria zaos: https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/visor Buscar → Busca Avanzada → A Coruña → Teo e velaí está como parroquia. One2 (conversa) 18 de xuño de 2020 ás 12:17 (UTC)[responder]

Xa vin. Moi ben moitas grazas. Con todo , e corrixideme se me equivoco o proxecto non ten polo momento resultados plasmados nunha documentación con rango oficial sobre toponimia polo momento. Non é raro ver capas en visores e cartografías que non se axusten de todo ás tipoloxías de entidades. Imos esperar e ver. A política de Toponimia en Wikipedia se non me engano segue a considerar o Nomenclátor de Galicia como a fonte a seguir. Isto xunto cos datos da propia entrada do artigo semella suficiente para que quede como está polo momento a espera desa documentación oficial de rango equivalente que confirme o dato de Galicia nomeada. Un saúdo.Maria zaos (conversa)