Conversa:Oímbra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Historia[editar a fonte]

Modifiquei a paxina, e a verdade e que non teño moita idea de como funciona wikipedia, espero que todo estea correcto. A anterior historia era totalmente falsa, por iso a modifiquei por esta que, aínda que é menos narrativa, ten referencias --Rabalexo (conversa) 28 de outubro de 2019 ás 22:21 (UTC)[responder]

Restaurei os anteriores contidos, que non estaban tan mal, engadindo máis referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de outubro de 2019 ás 01:37 (UTC)[responder]

Mal non, están fatal. E dicecho alguén que esta rematando a carreira de historia Idacio nunca dixo onde estaban os distintos pobos, e eu teño a súa crónica, é os Avobrigenses (que así seria a súa trancripción para que o padrao dos pobos fora en orde alfabético) fai décadas que ninguén os sitúa en Oímbra, que había de ser territorio Tamagani. Coelobriga non esta documentada en ningures, as raposeiras non foi o xerme de Oímbra pois hai poboados romanos mais próximos a Oímbra que ese e por suposto nunca existiu unha ponte nin ninguén que asegurara tal cousa. O parágrafo das vías romanas é dun libro chamado Brotes de Raices Historicas, que esta totalmente desacreditado, e non do informe que fixo a UVigo que non di nada de iso. Non hai noticias de vilas destruídas polos Suevos, si me descoido non hai noticias nin de Suevos. A persoa a quen citas é o mesmo que o do parágrafo anterior e inventa todo. O parágrafo de Leovixildo outra vez inventado polo mesmo personaxe no libro de Brotes de Raices Historicas, non hai documento algún que acredite o que di este home. A quen citas no caso da inquisición non di nada de meigas, e o da ponte volta a ser mentira O que di o informe non é que no pazo pasaran o tempo de lecer os condes de Monterrei se non que foi considerado tradicionalmente como tal, xa que non existen probas. É verdade que na guerra do 1640 arde Oímbra, pero do que fan os veciños nada se sabe A frase: "Ao finalizar en 1668 a guerra entre España e Portugal, asínase o Tratado de Lisboa co cal as partes galegas de Cambedo e Souteliño seguirían pertencendo a Oímbra" non ten sentido, non foi algo que se estivera xogando ou que houbera dubidas. O parágrafo: "Durante a Guerra da Independencia Española, as tropas do Marqués de la Romana que levaban na zona desde xaneiro, retiráronse o 6 de marzo ante a chegada das tropas do mariscal Soult. O Marqués de la Romana refuxiárase no castelo de Pobra de Sanabria debido á súa inferioridade, pois foron vencidas en Osoño e A Trepa. O día 10, tras varias xornadas de combate, as tropas francesas retoman a marcha cara a Portugal, sendo derrotadas o 2 de maio en Amarante" Non fala de Oímbra Ademais a historia que eu fixen trataba do concello de Oímbra, que é esta paxina, mentres que esta historia trata da aldea de Oímbra En Patrimonio a fonte do Soutullo esta desaparecida, será patrimonio de alguén, pero non do meu concello Se podes voltar a cambialo mellor, se non xa traerei fontes para ir borrando todo o que esta mal --Rabalexo (conversa) 29 de outubro de 2019 ás 09:04 (UTC)[responder]