Conversa:Nova Zembla

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Unha dúbida lingüística... xa mudei o z por c como corresponde en galego, pero logo de ver as equivalencias nas outras linguas non sei se deberiamos escribir Cembla ou Cemblia.


Coido que, a non ser que atopásemos referencias, non aplica Cembla nin Cemblia senón "Zemlia", análogo ao caso de "Nova York", onde se traduce o obvio "New" e se mantén tal cual o non obvio "York". Isto implica aceptar que a transliteracion (romanización para ser preciso) de Земля é Zemlia (véxase discusión non pechada ao respecto, que habería que pechar).----Maañón 18:45, 8 febreiro 2008 (UTC)

Como ben se dixo na conversa sobre trasliteración, e sábeo calquera que teña algo de experiencia no tratamento de exotopónimos en galego, a solución nunca é sinxela nin clara. Na Galipedia adoptouse un catálogo cheo de despropósitos pero que, ata que alguén o refaga con algo de sentido, é a referencia a seguir. Nese catálogo non está esta illa. Co cal temos que "inventar". Pero antes de inventar temos que consultar algunhas cousas. Por exemplo, os nomes de moitas illas, montes, cidades e países, non se fan sobre transliteracións, senón sobre adaptacións. Por iso dicimos Xapón e non Nihón, por exemplo. E a tradición neste caso non tira polas formas en -emlia ou -emlaia, senón en -embla. Sorprendentemente, a forma Nova Zembla é común, tal cal, a portugués, neerlandés e inglés; o español dalgunha maneira tamén usa iso, e escribe Nueva Zembla. Daquela a dúbida podería estar en se escribimos esa illa con z- ou con c-. Partindo do caso de que non estamos ante unha transliteración, e que sería bastante dubidoso que debesemos transliterar unha З por unha z- e non por unha s-; centrémonos en se debemos escribir Cembla ou Zembla. E eu creo que os precedentes galegos neste caso, que é fundamentalmente Nova Celandia, son claros. É a situación máis análoga e a que nos debería levar á solución. --Xabier Cid 19:38, 8 febreiro 2008 (UTC)

Título do artigo[editar a fonte]

Coido que habería que movelo a Nova Cembla para seguir a política de nomes dos artigos. Non quixen movelo por que tampouco teño moi claro que o nome Cembla sexa correcto. Non sei se alguén dispón dalgún atlas en galego e o pode comprobar. --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2016 ás 17:35 (UTC)[responder]

En: Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0: Nas páxinas 33, 35, 182, 183 e 206 aparece como "Illa de Nova Zembla" e na páxina 186 como Nova Zembla. --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2016 ás 20:20 (UTC)[responder]
Porén, na Diciopedia do Século 21, t. 2, páxina 1479: Nova Cembla (Nóvaia Zemliá) Arquipélago de Rusia, no océano Glaciar Ártico (82.600 km²).
Na Enciclopedia Galega Universal, t. 12:
Páxina 453: Nova Zembla => Nova Terra
Páxina 450: Nova Terra [ruso: Novaja Zeml'a] ou Nova Zembla Aruipélago do Océano Ártico, que separa os mares de Laptev e Siberia Oriental e forma parte de Iacutia... --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2016 ás 20:41 (UTC)[responder]
Por último, no Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 45:
Páxina 51: Nova Zembla => Nova Terra
Páxina 48: Nova Terra ou Nova Zembla [ruso: Novaja Zeml'a] Arquipélago do océano Ártico, que forma parte da oblast' de Arkhangel'sk, en Rusia (830.001.339 km²)... --. HombreDHojalata.conversa 2 de febreiro de 2016 ás 20:51 (UTC)[responder]