Conversa:Mesquita

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Rüdiger Wölk engadiu o marcador de borrado No license en Image:Loya7.jpg(diff);

-- CommonsTicker 06:19, 15 setembro 2006 (UTC)


En galego é Mezquita, non Mesquita. --Xabier Cid 18:56, 4 xullo 2007 (UTC)

  • No VOLGA aparece mezquita como entrada incorrecta, e mesquita como a entrada correcta.Acerto 19:31, 4 xullo 2007 (UTC)
  • O dicionario da RAG tamén dá como válido mesquita.Acerto 19:44, 4 xullo 2007 (UTC)


Correcto, recoñezo o meu erro. --Xabier Cid 19:45, 4 xullo 2007 (UTC)

  • Non deixa mover a páxina a mesquita, a forma correcta.Acerto 16:22, 5 xullo 2007 (UTC)
Feito. --Prevertgl 16:38, 5 xullo 2007 (UTC)


Boa noite. Entre tanta mudanza perdín un ítem enteiro traducido, sr. D. Xabier Cid. Se comecei o artigo é porque o vin en "Artigos que toda Wikipedia debería ter", e escrito mezquita, por suposto aínda en cor vermella. Isto tenme acontecido máis dunha vez con a lista desa sección. Así que sería mellor que algún dos administradores pasase o Volg,a ou algo similar, antes por varios listados (eu xa fixen algunha vez correccións e volveron ser cambiadas). Por xemplo, estou a esperar, ou estaba, porque agora teño outras prioridades, a que alguén (en "Artigos solicitados") mude Valentín Paz-Andrade, para Valentín Paz Andrade, que é o correcto (Paz-Andrade é apelido dos fillos). Podo comezalo en correcto, pero quen o solicita non se vai enteirar de que o ten a disposición - ip 213603030, 8 xullo 2007


Segue a "boa" noite. Houbo sorte e puiden recuperar o item. -idem

Alégrome. Por que non te rexistras para que sexa máis doado comunicarse contigo? Mudei algúns trazos en Paz Andrade, pero non sei se era iso ao que te referías... --Xabier Cid 00:20, 9 xullo 2007 (UTC)

¿Primeira mesquita?[editar a fonte]

Na entrada afírmase que "A primeira mesquita foi a casa do profeta Mahoma en Medina". Pero máis adiante, na sección Historia, dise que "a primeira mesquita do mundo foi a Masjid al-Haram, tamén coñecida co nome da Kaaba na Meca, que tería sido edificada por Adán", se quen a levantou foi Adán podemos supoñer que non existiu.

Pero segue dicindo que "A segunda mesquita máis antiga é a mesquita de al-Aqsa, en Xerusalén"; aínda que digan que foi Abraham quen a levantou, existir existe tal mesquita, pero non sei se considerala primeira ou segunda. Pero aínda hai máis: poco despois di que "A primeira construída no islam foi a mesquita de Quba, en Medina", que como logo veremos, no foi a casa de Mahoma.

¿Como podemos falar de 3 ou 4 primeiras mesquitas? Á parte de que resulta improcedente tanta discusión para saber cal é a primeira, tal como o temos hoxe é un claro erro ou unha explicación moi confusa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 20:17 (UTC)[responder]