Conversa:Manuel Comellas/Arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Teño serias dúbidas da veracidade deste artigo, creouno un usuario que presuntamente deu datos falsos en varios artigos, é posible que inserise datos falsos tamén neste artigo.--RNC 22:39, 16 novembro 2009 (UTC)

Non atopo ningunha referencia deste libro: R.Calvo, Cristina (1996). Comellas, la renovación pedagógica de la enseñanza ferrolana. El gran literato. Procurei en google varias veces con nomes diferentes por se o título estaba errado e non aparece nada, é posible que o libro non exista. Con tan serias eivas o artigo deberíase borrar, non se sabe o que é certo é o que presuntamente inventado.--RNC 22:43, 16 novembro 2009 (UTC)
Tampouco atopo ningún Antonio Porta que escribise algo relacionado con Comellas, pero puido ser un artigo nun xornal, pero nunha referencia deberíase indicar se é libro, artigo e nese caso onde se publicou, caso contrario a referencia non resulta útil e pode levar a pensar que tamén é inventada.--RNC 22:55, 16 novembro 2009 (UTC)
Vou esperar uns días antes de propoñer o borrado por se alguén quere arranxar o artigo, por se se dan referencias que se poidan verificar ou por se alguén máis quere dar a súa opinión.--RNC 23:00, 16 novembro 2009 (UTC)

Tendo en conta que Manuel Comellas existiu e que sabemos que escribiu cando menos Pilara, quizais non debamos borralo. Pero opto por reducir drasticamente todas aquelas informacións que non estean debidamente documentadas. --Xabier Cid Conversa 05:45, 17 novembro 2009 (UTC)

  • O tema das referencias leva pendente desde hai anos, se se rastrexan os historiais e as conversas pode reconstruírsse a historia do que pasou co artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:07, 17 novembro 2009 (UTC)
Non se pode manter no artigo que foi o creador do ferrocarril de Ferrol sen fontes e xa non digamos nada do que se di da Rerum Novarum, que ou está mal redactado ou é falso. Sigo a manter que o artigo tal como está é un despropósito, ou fontes concluíntes ou deixalo no mínimo.--RNC 20:53, 4 decembro 2009 (UTC)
A data e o título do catecismo son incorrectos, publicouse en 1905 na Coruña.--RNC 12:51, 5 decembro 2009 (UTC)
Sería interesante engadirlle o que pon aquí sobre Comellas, faríao eu mesmo pero como estás traballando nel, é mellor que poñas {{enuso}}--RNC 12:58, 5 decembro 2009 (UTC)

Autobombo e edicións[editar a fonte]

Existen serias controversias sobre este artigo. Certamente a súa creación e edición enmárcase unha campaña que ten como obxectivo exaltar a figura de Comellas, e que pra facelo comete terxiversacións e falsidades con mala intención. Unha boa mostra desta campaña pode verse nesta páxina: http://www.realacademiagalega.org/letters/ViewHonoredFigureMessages.do?authorId=2007&count=10&startIndex=11

O lóxico e correcto sería o borrado do artigo. Ao mesmo tempo, non é facilmente demostrable que isto sexa así e que ao seu autor User:El refugio de la Cultura, o mova algún interese familiar ou persoal, polo que optei pola súa edición. Con todo, quizais fose oportuno considerar a votación pró seu borrado.

Na miña edición suprimín todos os datos dubidosos, así como aqueles que estaban vagamente referenciados, sen posibildiade de contraste. Isto é ir máis alá do habitual na presunción de inocencia, pero creo que o resto da edición do artigo nos obriga a tomar medidas tan amplas. Con todo, mantiven algúns comentarios máis plausibles, prós que solicitei referencias. --Xabier Cid Conversa 20:32, 6 decembro 2009 (UTC)

Ademais, suprimín as imaxes, que presentan dificultades tanto dende a perspectiva da propiedade como da información coa quese documentan en Commons. --Xabier Cid Conversa 20:39, 6 decembro 2009 (UTC)


Non me parece de recibo a actuación de Xabier. Non comprendo a supresión das imaxes (que bén me costou obter, de feito actuei por estímulo de Prevert), o excesivo recorte do artigo e a petición de referencias, como o feito de que tén unha rúa (referenciado na miña derradeira edición), e a escritura da obra "redención por amor", (na miña discusión pódese comprobar que o usuario Prevert atopou no libro "Historia da Literatura Galega" de Emilio Xosé Insúa, non só ese dato, senón tamen a pertenza ás Irmandades da Fala). Pois nada, moi ben, vd. quita o que está referenciado e deixa datos triviais coma o feito de con quén estivo casado. Me reitero ao dicir que non me parece unha actitude lóxica e respectuosa cara a miña persoa. Creo que as cousas se poden falar, discutir e realizar da maneiras educadas e respectuosas cos demais. Non procedendo á liquidación de máis da metade do artigo.

En fin, non me extendo mais. Só cómpre pola miña parte dicir que non me move ningún interese persoal nin nada polo estilo: Do mesmo xeito non me pertence a autoría deses comentarios nin pertenzo a esa presunta "campaña" a prol de M.Comellas.

Xa estou a observar que fálase do borrado do artigo. Moi ben, borren o que desexen. Procurei contribuir con este proxecto, pero, polo que teño observado ata o de agora, somentes os usuarios RNC e Prevert me aconsellaron e traballaron a prol da mellora do artigo.

Non volverei contribuir eiquí. Só vou visita-lo proxecto estes días, por si alguén tómase a molestia de me escribir.

Saúdos--El refugio de la Cultura 19:53, 9 decembro 2009 (UTC)