Conversa:Macropódidos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Por que macrópodos e non macropódidos? Macropodidae penso que dá lugar a macropódidos. En xeral a terminación idae dá lugar á terminación idos (Hominidae = homínidos, Canidae = cánidos etc). Outra cousa é a terminación poda, que dá lugar a podos (Arthropoda = artrópodos, Theropoda = terópodos etc.). Ademais, hai un peixe de río asiático que se chama Macropodus, que se traduciría por macrópodo. Macrópodos tamén se lles ten chamado a todos os da suborde Macropodiformes.--Miguelferig (conversa) 27 de novembro de 2015 ás 20:54 (UTC)[responder]

Por min ben. Adiante co cambio. Nun principio chameino así porque aparecía ligado así noutros artigos. Pero penso que o teu razoamento é ben acertado.--Breogan2008 (conversa) 27 de novembro de 2015 ás 23:14 (UTC)[responder]
Outra opción é chamarlle á páxina canguros, xa que os macropódidos son canguros de diferentes clases. En inglés distinguen os wallabies con outro nome, pero non deixan de ser unha variedade de canguros (aínda que "wallaby" non é un nome taxonómico, polo que os hai de varios xéneros, e, por tanto, tamén é un nome confuso). Hai tamén canguros arborícolas algo diferentes, pero que seguen sendo uns canguros transformados adaptados á vida nas árbores. Entón teriamos que decidir entre macropódidos (nome galeguizado pero máis taxonómico) ou canguros (nome máis común), pero o problema é que o nome canguro xa ten páxina referida ao xénero Macropus. Todo depende do extensa que queiramos facer a definición de "canguro". É certo que os canguros por antonomasia son os Macropus, pero os outros da familia tamén se lles pode chamar tranquilamente canguros. Polo momento o máis prudente penso que é chamarlles macropódidos.--Miguelferig (conversa) 28 de novembro de 2015 ás 10:55 (UTC)[responder]