Conversa:Lugares da Coruña
Aparencia
Parroquia da Coruña
[editar a fonte]A "parroquia" e lugar da Cruña redirixen ao artigo principal do concello. Así, lugares como os da Cidade Vella, a Pescadería, Zalaeta, Riazor, a Agra do Orzán, etc. non están ligados a ningunha parroquia - e así non parecen nesta lista cando son lugares/rueiros históricos da cidade e do concello. A Cidade Vella ten un artigo propio. Faltaría un artigo A Coruña, A Coruña mais como Parroquia - Concello (Non Concello, Provincia). Mgl.branco (conversa) 8 de novembro de 2017 ás 10:07 (UTC)
- Para os lugares e parroquias tómase como referencia o Nomenclátor da Xunta. Non creo que sexa necesario duplicar nun novo artigo de parroquia ou lugar. Podería facerse unha excepción no modelo:Lp A Coruña para incluír eses lugares, aínda que igual é mellor incluílos en modelo:LugaresdeintereseACoruña ou nun novo modelo tipo modelo:Rueiro de Santiago de Compostela, ou directamente facer un modelo sobre os barrios da cidade en exclusiva. ☣Banjo tell me 8 de novembro de 2017 ás 10:46 (UTC)
- Á marxe, si creo que sería axeitado crear un artigo sobre a parroquia se hai material suficiente como para xustificalo e diferencialo do artigo do propio concello, se esa información non "colle" no artigo do mesmo e está mellor separada nun artigo propio. Mais o dos lugares seguiría precisando unha excepción ou modelo novo como indiquei antes. ☣Banjo tell me 8 de novembro de 2017 ás 10:53 (UTC)
- Certo, non caera agora no Nomenclator. Para o que é a parroquia (ou -cidade- da Cruña) existe moita literatura xa que foi esencialmente o urbano ata os anos 40-60 (Oza era outro concello, Visma era unha aldea, Catro Camiño ata os 70 non estaba conectado cos Cantós etc.). Paréceme boa idea facer modelo similar ao dos rueiros de Compostela. Proporía facer un artigo propio para "A Coruña, A Coruña" (ou similar, como "barrios da Coruña") para citalo dentro do texto de A Coruña e en lugares da Coruña. E nel describir os rueiros ou zonas principais, ligados coa historia etc. Nos artigos propios, usar o modelo. Outra idea sería ampliar o artigo principal detallando ben os barrios da cidade. A información dos lugares obtense máis ou menos fácil de literatura compilada en Galiciana ou libros da historia da cidade. Sobre das zonas que inclúe esa parroquia un bo recurso é o resultado das propostas de novos distritos da cidade. A ver se lle saco un anaco máis adiante a isto :) Mgl.branco (conversa) 8 de novembro de 2017 ás 14:43 (UTC)