Conversa:Lista de prefixos e sufixos
Untitled
[editar a fonte]Sobre o sufixo -í para a formación de xentilicios.
A Real Academia da Lingua Galega e o Instituto da Lingua Galega cometen un error ao incluir o sufixo -í coma propio da lingua galega, e non é así, pois aceptar isto sería admitir un castelanismo supino coma a catedral de Santiago. O sufixo -í é de orixe árabe e este entra a formar parte dos sufixos do castelán, para formar xentilicios. Este sufixo, para os amantes de fusionar o galego co portugués,non existe coma tal na lingua de Camões, por exemplo. (Atención! O sufixo -í existe en portugués coma sufixo de orixe tupí-guaraní, coma se recolle no Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa, ou Michaelis Moderno Dicionário da Língua Portuguesa, da Editora Melhoramentos). Este mesmo sufixo non existe tampouco en catalán (ollo!, falo de sufixo -í para formación dos xentilicios, non confundir). Este mesmo sufixo, por exemplo tampouco se usa en aragonés. Máis perto de nós está a lingua asturiana, que tampouco acepta este sufixo como propio do asturiano, segundo se pode recoller na súa gramática. Se, por unha banda, este sufixo non existe na lingua portuguesa, nin a Academia de la Llingua Asturiana o admite como propio, e por outra banda tampouco existen coma propios na lingua aragonesa nin na lingua catalana, como é que si pode ser considerado coma propio do galego? A non ser que se admita ESTE CASTELANISMO COMA UNHA INCORPORACIÓN AO GALEGO, isto é, coma un EMPRÉSTIMO DO CASTELÁN. ?¿ Persoalmente non o teño moi claro que isto poda ser así.
Existen na actualidade varias gramáticas galegas. Na gramática de Real Academia da Lingua Galega, non se fai mención a este sufixo, nas gramáticas das editoriais "Ir Indo" ou "Xerais" tampouco se recolle. Na gramática da editora "Sotelo Branco" si o recolle, pero non da ningunha explicación. E na gramática da editora "Galaxia", a autora di que: "úsase para formar os xentilicios dos países árabes", e pon coma exemplo: marroquí, iraquí, pasquistaní... (que se saiba, os paquistanianos son falantes de linguas indoeuropeos (agás os brahús, que son dravídicos) e non árabes). Ademáis, non dicimos: israelianos, iranianos, alxerianos, tuniciano, ...
Creo que o correcto é usar o cultismo de orixe latina -iano ou -ino (coas súas correspondentes formas), e non usar o sufixo de orixe árabe -í.
Roberto Garate, Compostela 26 de abril de 2009
- Respondido en Conversa:Lingua bengalí--Atobar (conversa comigo) 20:05, 26 maio 2009 (UTC)
Xeno
[editar a fonte]En xeno non habería que engadir que se usa como prefixo significando alleo, estranxeiro, etc., como en xenofobia, xenolito, etc.Miguelferig 15:25, 26 de novembro de 2011 (UTC)
- Feito!. Pedro --Lameiro (conversa) 8 de xuño de 2013 ás 22:10 (UTC)