Conversa:Lista de matemáticos famosos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Esta listaxe é prescindíbel a todos os efectos. Amais, é unha lea considerábel. --Atobar (conversa comigo) 19:06, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • Éche o mesmo problema das distintas "Lista de xxx" que temos na Galipedia. Creo lembrar que algunha vez se dixo aquí que naceron coa idea de ter á man listaxes para futuros artigos e así ir completando áreas do saber, pero que hoxe perderon aquela función. Pedro --Lameiro (conversa) 19:14, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Vexo que se producio o borrado desta páxina e preguntome se é unha das páxinas máis visitadas porque se desfixo? mirade aqui [1] posto nº 28--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 11:04, 9 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Noutras wikipedias existen o que se chaman anexos. Nesta non. As listaxes, a non ser que acheguen información adicional, ordenada e detallada, non se aceptan, porque para iso temos as categorías. Esta páxina en concreto o que tiña eran kilobytes e kilobytes de contido sen orde nin valor engadido, por iso se borrou. --Atobar (conversa comigo) 11:08, 9 de febreiro de 2011 (UTC)
  • Bén pero eu creo que cando se entra por primeira vez na galipedia ou igñorase o funcionamento desta o que necesita o consultor e unha lista que empece por lista de pois non creo que vai a buscar Categoría: Personaxes das matemáticas polo que se a páxina adoitar ter un plantexamento confuso deberiase simplificarse pero nunca borrarse. É unha magoa pero asi penso eu --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 15:59, 9 de febreiro de 2011 (UTC)