Conversa:Lista de exónimos en galego

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sobre as fontes: Creo que unha cousa é incluír obras de referencia (dicionarios, enciclopedias, atlas, libros de lingua: dúbidas, gramática, etc) e outra cousa é incluír formas empregadas en artigos de xornais. Creo que o criterio debe quedar claro, caso contrario o risco que se corre é incluír tamén as formas en castelán, que aparecen en textos en galego, sen molestarse en traducilas p.ex [1]. Ou a cantidade de Alemania que aparecen en textos en galego que son simplemente castelanismos, non é o mesmo que unha fonte con autoridade lexitimice a forma Alemania que esa forma apareza en textos en galego (como pode aparecer Jordania ou Argelia)--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 16:49 (UTC)[responder]

HacheDous=0 Respóndoche esta tarde. Saúdos! --Norrin (Fálame) 1 de outubro de 2015 ás 07:04 (UTC)[responder]
HacheDous=0 Entendo o que dis, pero no caso concreto das dúas formas referenciadas con xornais (Novo Brunswick e Cornualla) son formas que semellan coherentes: a primeira por ser unha simple tradución (Novo por New/Nouveau, nunha provincia canadense) e a segunda por ser realmente a mesma forma que en portugués (Cornualha). Haberá que discutir caso por caso, mais tanto Vieiros como o IGADI caracterízanse polo coidado la lingua, polo que entendo que poden ser consideradas válidas. Saúdos! --Norrin (Fálame) 1 de outubro de 2015 ás 13:00 (UTC)[responder]
Temos criterios diferentes, para min eses artigos simplemente indican que unha determinada forma ten uso pero non a lexitimizan como forma galega, Cornualla está leximitada p.ex. por aparecer no que no artigo se referencia por UDC e iso é o que ten que aparecer, desde o meu punto de vista, como referencia no artigo. Igual que non poñemos ningún artigo de xornalistas empregando a forma Alemaña, esa forma xa está lexitimada pola súa aparición en fontes de referencia e non é preciso máis.--HacheDous=0 (conversa) 1 de outubro de 2015 ás 13:59 (UTC)[responder]
As fontes "enciclopédicas" non son as únicas referencias válidas. Pódense tirar tamén de obras literarias, etc. De feito, o título do artigo é "Lista de exónimos en galego", e un exónimo é un nome galego para unha localización exterior. Polo tanto se hai usos en galego dunha forma determinada e hai motivos suficientes para pensar que non é unha errata da escrita ou semellante, é un exónimo. Pode ser un exónimo máis ou menos correcto, etc. Pero dende o momento que a autoridade lingüística (RAG) non se declara competente para fixar exónimos (só para recomendalos) non vexo porqué ten máis relevancia/autoridade unha obra enciclopédica que, por exemplo, un traballo de Méndez Ferrín. Saúdos! --Norrin (Fálame) 1 de outubro de 2015 ás 14:29 (UTC)[responder]
Por iso é importante establecer os criterios, de admitir que todo, agás erros de imprenta, vale, entón habería que incluír todos os exónimos casteláns como formas utilizadas en galego, xa que todos poden aparecer en obras en galego, literarias ou non, por ex. Alemania aparece nesta novela de 2014, [2] abonda iso para leximizar esa forma?. Desde o meu punto de vista non de non aparecer nunha obra de referencia en galego. Ou por aparecer Japón en libros en galego da década de 1970 xa é unha forma lexítima galega? [3]. Hai que aplicar algún criterio máis alá que alguén escribira esa forma algunha vez nun texto en galego (recente ou antigamente)--HacheDous=0 (conversa) 1 de outubro de 2015 ás 14:50 (UTC)[responder]
No caso de Alemania e Japón trátanse obviamente de erros: a inmensa maioría das fontes (non unha nin dúas) toman Alemaña, e no segundo caso inclúe unha letra que non existe en galego. Porén, no caso de por exemplo Cornualles hai unha fonte para Cornualles, outra para Cornualle e outras para Cornualla: certamente as dúas primeiras son obras de referencia, mais a segunda ten ao seu favor a coincidencia con linguas do entorno (pt: Cornualhe), polo que cómpre tomalo con prudencia. Dentro de 100 anos probablemente só sobreviva unha das formas en galego, mais até que chegue ese momento é unha forma vacilante. --Norrin (Fálame) 1 de outubro de 2015 ás 15:07 (UTC)[responder]
Insisto en que cómpre ir caso por caso. Se algún paréceche dubidoso podemos comentalo aquí. --Norrin (Fálame) 1 de outubro de 2015 ás 15:07 (UTC)[responder]
Pero non concordas que no caso de Cornualla sería máis lóxico poñer como referencia a UDC e non artigos de publicacións?. O problema non son as formas, son os criterios que se aplican par as fontes de referencia que son as que lexitimizan as formas--HacheDous=0 (conversa) 1 de outubro de 2015 ás 15:12 (UTC)[responder]
A min paréceme perfecto incluir tamén á UdC, mais comprenderás que non son polbo nin teño oito brazos ;) --Norrin (Fálame) 1 de outubro de 2015 ás 15:14 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lista de exónimos en galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de agosto de 2019 ás 19:32 (UTC)[responder]

Sobre a fonte ANLVigo[editar a fonte]

No propio documento ANLVigo, se di que:

Nos documentos institucionais, na toponimia das comunidades autónomas españolas onde o castelán é a única lingua oficial empregaremos a forma castelá; nas comunidades cunha lingua propia utilizaremos a denominación oficial dos topónimos recollida na lexislación estatal ou autonómica respectiva.

Non entendo que se recolla por exemplo "Catalunya" como exónimo en galego apoiándose neste documento cando o propio documento especifica que se emprega a forma oficial nos documentos institucionais, por dous motivos: a forma oficial nunca é, loxicamente, un exónimo; por outra banda, a Wikipedia non é un documento institucional. A miña conclusión, polo tanto, é que o documento ANLVigo só debe empregarse como fonte para os topónimos estranxeiros. --Norrin (Fálame) 26 de decembro de 2019 ás 07:22 (UTC)[responder]

cc/ Usuario:Jglamela, Usuario:Atobar, Usuario:Breogan2008. --Norrin (Fálame) 26 de decembro de 2019 ás 07:23 (UTC)[responder]

@Norrin strange:, levas razón. Para o Estado, limítase a sinalar lexislacións e aplicalas consonte o grao (estatal, autonómica), se ben primando a lingua propia nos territorios que a teñen fronte á dupla denominación dalgunhas comunidades que hoxe está vixente, por exemplo, no País Valenciano. Ou sexa, en efecto, hai que ir con coidado e non nos vale para referenciar en galego (porque non propón formas ou solucións galegas, senón que fixa un criterio para a aplicación da lexislación pertinente no relativo á toponimia) dentro do Estado. --Atobar (conversa comigo) 27 de decembro de 2019 ás 17:55 (UTC)[responder]

Cando engadín a listaxe dos topónimos non pensei que o texto facía unha diferenza entre os topónimos das comunidades autónomas españolas e os do resto do mundo. Nese caso haberá que quitar os topónimos españois.--Jglamela (conversa) 27 de decembro de 2019 ás 22:20 (UTC)[responder]