Saltar ao contido

Conversa:Lingua scots

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Evidentemente, o gaélico escocés e a lingua escocesa son linguas distintas, por iso teñen artigos distintos. O que non ten sentido é chamarlle scots á lingua escocesa, en primeiro lugar porque non é unha palabra galega, e en segundo porque scots significa literalmente escocés, polo cal nin sequera estamos desfacendo ambigüidades.--Xabier Cid 07:47, 24 abril 2007 (UTC)

Estes días alguén desfixo o traballo feito neste artigo, moveuno para o artigo scots (malia o que se dicía na páxina de discusión respectiva), e se non me engano, desapareceu o historial de edición anterior. O scots non é máis có nome inglés da lingua escocesa, que é unha lingua xermánica. A pesar de que en Escocia se falan, ademais do urdu e outras linguas da inmigración, tres linguas maioritarias (inglés, gaélico escocés e escocés, só esta se chama así. --Xabier Cid 12:00, 21 maio 2007 (UTC)

Historiais recuperados. --Prevert(talk) 12:24, 21 maio 2007 (UTC)

This article should be renamed. The older Scottish language is Gaelic, not Lowland Scots.

it is highly offensive to claim Lallans as the only Scottish national language.

You are right, but Xavier Cid thinks he owns this wikipedia, should be renamed to "Lingua Scots" and the name "Lingua escocesa" should redirect to gaelic. --Santista1982 17:04, 7 febreiro 2009 (UTC)
  1. Que sexa máis vello ou máis novo non ten que ver co nome.
  2. Ningún deses dous idiomas, nin tampouco o inglés, se falan en toda Escocia. Tampouco ningún dos tres se falan unicamente en Escocia. Tampouco en ningures se sinala que sexan idiomas nacionais, nin moito menos únicos.
  3. Non é highly ofensive nada, e menos o nome dun artigo.
  4. Prégoche que non fagas ataques persoais, como o de dicir que se eu penso que a wikipedia é miña e demais. Iso está completamente fóra de lugar.

Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 17:17, 7 febreiro 2009 (UTC)

Escocés

[editar a fonte]

Malia todo o que se discute na páxina, a referencia que hai agora non di iso, mais ben todo o contrario a DRAG define escocés como "lingua gaélica falada en Escocia" e polo tanto hai que lle buscar outro nome a este artigo, o escocés para a DRAG é o que denominamos lingua gaélica escocesa. Ese tamén é o criterio p. ex. do digalego e se non hai unha forma propia para se referir á lingua haberá que ir á orixinal, Scots que non exista en galego ou que signifique literalmente escocés non importa, sería o caso de moitas outras linguas sen referencias en galego e diante as referencias as nosas opinións persoais quedan na casa, non contan.--HacheDous=0 (conversa) 5 de agosto de 2018 ás 08:27 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Lingua scots. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 02:18 (UTC)[responder]