Conversa:Lingua asturiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

¿Non sería mellor poñe-lo nome de Asturias en galego? Debería poñer Principado de Asturias. Tamén se di que é lingua propia do Reino de León, pero ese territorio xa non existe con ese nome, debería dicir que se fala en comarcas das provincias de León, Cantabria e Zamora, e máis nun recuncho de Portugal (coido que é Tras-os-Montes, chámanlle Mirandés). [asdo: Roselynn]

Untitled[editar a fonte]

Tradicionalmente dise que o asturiano é un sistema de cinco vogais. Non existe en ningunha parte do dominio astur-leonés un área de sete vogais como a do galego (tal e como se afirma aquí). É certo que existen filólogos que postulan que existirían sete unidades vocálicas fonoloxicamente diferenciadas no asturiano. Porén, isto non se refire a cinco vogais "stricto sensu", senón ao comportamento "autónomo" dos diptongos crecentes "ue" e "ie", equivalentes (máis ou menos) ao "o" e "e" abertos galegos. Polo tanto, a afirmación de que no astur-leonés existe un sistema de sete vogais como no galego é simplemente falsa e indocumentada. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.38.140.179 (conversacontribucións)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lingua asturiana. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 14:00 (UTC)