Conversa:Lince común

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eliminei a parte referida ao lince ibérico pois o artigo é sobre o lince común.--HacheDous=0 (conversa) 2 de maio de 2019 ás 14:04 (UTC)[responder]

O título do artigo, Lince común parece pouco apropiado por pecar de eurocentrismo, xa que á súa áera de distribución é moito maior en Asia ca en Europa, e por haber outras especies de linces que son comúns noutras zonas do mundo, como o Lynx canadensis ou, en maior medida, o Lynx rufus, que se estende desde Canadá até o sur de México. Ocórrenseme dúas solucións, ou titular o artigo co nome científico (como se fai noutras páxinas da Galipedia) ou adaptar o seu nome en inglés, Eurasian lynx, Lince euroasiático, que se axusta á súa distribución xeográfica. A maior abundamento, véxase o artigo Lince (zooloxía), magnífico artigo, a pesar do título, que na miña modesta opinión debería ser Lynx (xénero). --XoioÉche o que hai 28 de maio de 2020 ás 15:33 (UTC)[responder]