Lynx rufus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Lynx rufus
Lince vermello

Rango fósil: plistoceno - actualidade
(1,8 - 0 Ma) [1]
Bobcat2.jpg
Linx rufus californicus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Lynx
Especie: L. rufus
Nome binomial
Lynx rufus
Schreber, 1777
Área de distribución do Lynx rufus

Subespecies
Véxase o texto
Artigo principal: Lince (zooloxía).
Lynx rufus californicus

Lynx rufus, coñecido na bibliografía internacional como lince vermello ou, en inglés como bobcat,[3]é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das catro integradas no xénero Lynx.[4]

É unha das dúas especies de linces que habitan en América do Norte. A outra é o lince do Canadá (Lynx canadensis), que se encontra no norte do Canadá, en Alasca e nas rexiósns máis norteñas dos Estados Unidos. O lince vermello, pola contra, ten unha área de distribución moito más ampla, xa que se encontra no sur do Canadá (desde o sur da Columbia Británica até Nova Escocia), en todos os EE. UU. chegando até o sur de México (estado de Oaxaca).[4]

O lince vermello é un depredador adaptábel que habita en áreas boscosas, así como en ambientes semidesérticos, nos bordos urbanos, forestais e de zonas pantanosas. Hoxe en día permanece en parte da súa área de distribución orixinaria debido á competencia dos coiotes e dos animais domésticos.

Cunha pelaxe que varía da gris á marrón, e orellas rematadas nun penacho negro, este lince aseméllase ás outras especies do xénero Lynx de tamaño mediano. É máis pequeno en promedio que o lince do Canadá, co que comparte partes do seu territorio, pero é aproximadamente dúas veces máis grande que o gato doméstico. Ten barras distintivas de cor negro nas súas partes dianteiras, e unha cola curta rematada nunha punta negra.

Aínda que esta especie foi cazada extensamente polos humanos, tanto como deporte como para aproveitar a súa pel, a súa poboación demostrou ser resistente, aínda que diminuíu nalgunhas zonas. Este escorregadizo depredador aparece citado nas historias dalgúns pobos indíxenas (de América do Norte e Central), e no folklore dos colonizadores europeos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1777 polo médico, botánico e zoólogo alemán Johann Christian Daniel von Schreber,,discípulo de Linneo, nun traballo publicado en Die Säugethiere, 3 (25): pl. 109.B[1777]; ver tamén o texto en 3 (24):412[1777].[4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O epíteto específico, rufus, nominativo do adxectivo latino rufus, -a, -um, "rubio", fai alusión á cor da súa pelaxe.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Describíronse as seguintes 13 subespecies:[4]

Notas taxonómicas[editar | editar a fonte]

Houbo debates sobre se as catro especies de linces deben situarse no seu propio xénero, ou colocarse como un subxénero de Felis,[7][8] pero o xénero Lynx é actualmente aceptado.[4]

Por outra parte, a división nas subespecies mencionadas foi hai pouco tempo cuestionada, dada a falta de rupturas xeográficas claras nas súas áreas de distribución e as pequenas diferenzas que hai entre elas.[9] A última revisión da taxonomía dos gatos, en 2017, realizada polo Cat Classification Taskforce of the Cat Specialist Group, recoñece só dúas subespecies, baseadas en estudos filoxeográficos e xenéticos, aínda que o estado do lince mexicano (Lynx rufus oaxacensis) permanece aínda baixo revisión:[3][10]

Características[editar | editar a fonte]

  • Peso: 6-20 kg
  • Lonxitude do cabeza e tronco: 50-120 cm
  • Lonxitude da cola: 9-25 cm.[10]

Dieta[editar | editar a fonte]

Aínda que Lynx rufus prefire os coellos e as lebres, caza tamén insectos, galiñas, gansos e outras aves, roedores e crías de cervos. A selección das súas presas depende da situación e do hábitat, a estación e a abundancia. Como a maioría dos gatos, o é territorial e en gran parte solitario. Emprega varios métodos para marcar os seus límites territoriais, incluíndo marcas feitas cosa garras e depósitos de urina e de feces.[11][12][13]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Lynx rufus cría desde o inverno até a primavera, e o seu período de xestación é duns dous meses. As camadas son de 1 a 8 cachorros, e a súa lonxevidade é entre os 10 e os 17 anos.[10]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lynx rufus Schreber 1777 (bobcat) en Fossilworks.
  2. Kelly, M.; Morin, D. & López-González, C. A. (2016): Bobcat. Lynx rufus na Lista vermella da UICN. Versión 2020.1, Consultada o 30 de maio de 2020.
  3. 3,0 3,1 Kitchener, A. C.; Breitenmoser-Würsten, C.; Eizirik, E.; Gentry, A.; Werdelin, L.; Wilting, A.; Yamaguchi, N.; Abramov, A. V.; Christiansen, P.; Driscoll, C.; Duckworth, J. W.; Johnson, W.; Luo, S.-J.; Meijaard, E.; O'Donoghue, P.; Sanderson, J.; Seymour, K.; Bruford, M.; Groves, C.; Hoffmann, M.; Nowell, K.; Timmons, Z.; Tobe, S. (2017). "A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group" (PDF). Cat News (Special Issue 11). 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Lynx rufus Schreber, 1777 en MSW.
  5. Wilson, D. E. & Reeder, D. M. 2005, p. 542.
  6. Wilson, Don E.; Ruff, Sue (1999). The Smithsonian Book of North American Mammals. Smithsonian Institution Press. pp. 234–355. ISBN 978-1-56098-845-8. 
  7. Zielinski, William J. & Kuceradate, Thomas E. (1998): American Marten, Fisher, Lynx, and Wolverine: Survey Methods for Their Detection. Darby, PA, USA: DIANE Publishing. ISBN 978-0-7881-3628-3, pp. 77–78.
  8. Carron Meaney & Gary P. Beauvais (2004): "Species Assessment for Canada Lynx (Lynx canadensis) in Wyoming". United States Department of the Interior, Bureau of Land Management.
  9. "Deletion of Bobcat (Lynx rufus) from Appendix II" (PDF). Thirteenth Meeting of the Conference of the Parties, Proposal 5. Convention on International Trade in Endangered Species of Wild Fauna and Flora. Outubro de 2004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o de novembro de 2013. Consultado o 1 de xuño de 2020. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Bobcat". IUCN Specialist Cat Group. Consultado o 1 de xullo de 2020. 
  11. Smith, J. W. (1988): "Status of Missouri's experimental Trumpeter Swan restoration program·. Proc. and Papers of the 10th Trumpeter Swan Society Conf., pp= 100–103. Edited by D. Compton, Maple Plain, MN: The Trumpeter Swan Society.
  12. Nowell, K. & Jackson, P. 1996.
  13. Baker, Leslie A.; Warren, Robert J.; Diefenbach, Duane R.; James, William E.; Conroy, Michael J. (2001). "Prey Selection by Reintroduced Bobcats (Lynx rufus) on Cumberland Island, Georgia". The American Midland Naturalist 145 (1): 80–93. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]