Saltar ao contido

Lynx canadensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lynx canadensis
 Nome taxon
    Lynx canadensis
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Caracterizado por
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaFelidae
XéneroLynx
EspecieLynx canadensis Editar o valor en Wikidata
Kerr, 1792 Lynx canadensis Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración máxima da vida
   26,9 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   70 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01pb5w Editar o valor en Wikidata
ITIS180585 Editar o valor en Wikidata
OTT507549 Editar o valor en Wikidata
UICN12518 Editar o valor en Wikidata
CoL3WSJS Editar o valor en Wikidata
EOL328604 Editar o valor en Wikidata
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons
Artigo principal: Lince (zooloxía).

Lynx canadensis, coñecido na bibliografía internacional como lince do Canadá ou lince canadense, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das catro integradas no xénero Lynx.[1]

É unha das dúas especies de linces que habitan en América do Norte. A outra é o lince vermello (Lynx rufus), que se encontra desde o sur do Canadá até o sur de México. O lince canadense, pola contra, habita máis ao norte, na taiga do Canadá e Alasca, aínda que tamén se encontra nos bosques de Idaho, Montana e Washington e, de forma máis rara en Utah, Minnesota e Nova Inglaterra.

O seu parente máis próximo é o Lynx lynx, aínda que pode cruzarse con éxito con calquera das outras tres especies do xénero Lynx.

O lince do Canadá desapareceu ou reduciu as súas poboacións en varios lugares debido á caza para conseguir a súa prezada pel, ou á destrución do seu hábitat. Porén, a UICN non considera que esta especie estea en perigo na actualidade.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1792 polo médico e naturalista escocés Robert Kerr, nun traballo publicado en Linnaeus, Anim. Kingdom 1: 157.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O epíteto específico, canadensis, fai alusión á súa área de distribución.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Describíronse as seguintes subespecies:[1]

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

Houbo debates sobre se clasificar esta especie como Lynx canadensis ou Felis canadensis, que é parte dunha cuestión máis ampla con respecto a se as catro especies de lince deben situarse no seu propio xénero, ou colocarse como un subxénero de Felis,[2][3] pero o xénero Lynx é actualmente aceptado.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Alcanza os 90 cm de alto, só superado en tamaño por algunhas subespecies do lince común. A pelaxe é amarelada ou parda clara, e os seus pelos son largos, co fin de defenderse do frío, especialmente en inverno. Normalmente non presentan manchas ou téñenas en moi pouca cantidade, concentrándose nas patas. Os machos son máis grandes que as femias.

Adoita alimentarse de pequenos mamíferos, especialmente de lebres (observouse un ciclo de progreso e declive cíclicos similares no lince canadense e a lebre ártica), pero tamén de roedores, aves e, ocasionalmente, cervos e caribús. Acostuman a cazar de noite nos seus grandes territorios, que defenden de posíbeis intrusos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

As femias paren de 1 a 5 cachorros en primavera.

  1. 1 2 3 4 Lynx canadensis Kerr, 1792 en MSW.
  2. ↑ Zielinski, William J. & Kuceradate, Thomas E. (1998): American Marten, Fisher, Lynx, and Wolverine: Survey Methods for Their Detection. Darby, PA, USA: DIANE Publishing. ISBN 978-0-7881-3628-3, pp. 77–78.
  3. ↑ Carron Meaney & Gary P. Beauvais (2004): "Species Assessment for Canada Lynx (Lynx canadensis) in Wyoming". United States Department of the Interior, Bureau of Land Management.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]