Conversa:Lesma

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Eu tamén coñezo o animal como miligocha (bueno, con gheada, "milighocha"). Facendo unha rápida procura no Dicionario de dicionarios vexo que existen innumerables denominacións. Coido que sería interesante recollelas dalgún xeito, como nota por exemplo, para non ateigar a introdución cunha lista interminable de nomes. --Toliño Fala aquí comigo 19:19, 5 decembro 2009 (UTC)

  • Fágoo eu encantado, que xa teño boa parte do traballo adiantado, pero antes unha pregunta: ¿compriría referenciar a fonte deses sinónimos? Tamén o podo facer pero levaría máis tempo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:22, 5 decembro 2009 (UTC)
    • Se é así, entón podemos dedicar unha sección "Sinónimos" de seu con cadansúa referencia nas notas. --Toliño Fala aquí comigo 19:23, 5 decembro 2009 (UTC)
  • Alguén dos que controledes a estética pode meter todos os sinónimos en dúas ou tres columnas para non alongar o artigo cun espazo case branco? Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 01:28, 20 de xullo de 2011 (UTC)