Conversa:Lectoescritura

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

É lectoescritura ou lecto-escritura en galego? Ao meu ver, cómpre prescindir na medida do posíbel das definicións da RAE, ao ser un dicionario de castelán e non de galego. A ver se alguén atopa información de noso ao respecto. Non quero dicir con isto que estea mal redactado o artigo, nin moito menos. Pero sería boa se nos fixesemos con algunha información primaria en galego e puidesemos tirar o que di ou non di a RAE. --Atobar (conversa comigo) 20:32, 25 xuño 2009 (UTC)

Será lectoescrita? Véxase aquí. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:33, 25 xuño 2009 (UTC)
Ou lecto-escrita? lecto-escrita. --Atobar (conversa comigo) 20:35, 25 xuño 2009 (UTC)
  • As definicións da RAE nun texto en galego son totalmente prescindibles, agás que sexa nunha comparación con outras linguas que non é o caso. O dicionario de Ir Indo utiliza lectoescritura definíndoa como a disciplina referida a aprendizaxe infantil da lectura e da escritura. Non pode ser lecto-escritura xa que as normas din literalmente: Escríbense con guión as palabras en que o primeiro elemento é non (non-intervención, non-proliferación,non-aliñados, non-fumadores), asociacións ocasionais non fixadas na lingua (dicionario alemán-galego; estudos xurídico-económicos; condicións político--económicas; maníaco-depresiva; épico-líricos;catalano-aragonesas), palabras complexas como les-nordeste, les-sueste, nor-nordeste, nor-noroeste, oés-noroeste, oés-suroeste, ou, finalmente, algunhas palabras estranxeiras: foie-gras, foxterrier, strip-tease, tse-tse,wáter-polo.--RNC 16:03, 26 xuño 2009 (UTC)