Conversa:Irmáns García Naveira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

E non sería bo deixar este artigo cos irmáns, en plural, pero facer tamén dous coitadiños pero aquelados sobre cada un dos irmáns? --Atobar (conversa comigo) 12:36, 24 de xullo de 2010 (UTC)

Agora hai redireccións feitas. Non vexo claro que podería conter cada un dos "coitadiños pero aquelados" que non contivese xa este (ou viceversa). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:41, 24 de xullo de 2010 (UTC)

  • Fíxeno nun só artigo por dúas razóns: hai pouca información sobre cada un deles para armar artigo propio; e polo que vexo no que levo lido semella que pasaron á posteridade como parella de feito -perdoade as confianzas- e que a maior parte das súas obras foron conxuntas. Separa-los artigos, nun caso coma este, obrigaría a repetir parte da información sen engadir gran cousa. Pedro --Lameiro (conversa) 12:51, 24 de xullo de 2010 (UTC)
  • O certo é quen eu sempre sentín falar dos irmáns sempre xuntos na mesma frase. O que di lameiro ten moito sentido. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:10, 24 de xullo de 2010 (UTC)