Conversa:Illa A Polbeira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

v/b singular/plural[editar a fonte]

O editor destas últimas edicións acáballe de cambiar o nome a esta páxina (de Polbeira a Polveiras), aferrándose nun mapa ou nunha enciclopedia (fontes moi válidas). Mais se imos ós estudos de expertos en toponimia (como Xosé Lois Vilar) dinos que "Polveiras" é un castelanismo, e pola contra o único topónimo correcto é "A Polbeira".--Regato das Tres Regueiras (conversa) 12 de setembro de 2016 ás 07:13 (UTC)Regato das Tres Regueiras[responder]

Cando dis "expertos" deberías dicir "experto", Vilar é o único que defende o topónimo con "b", inédito en Galicia. O resto das fontes dan a forma con "v", tanto para este lugar como para outros de Galicia. --. HombreDHojalata.conversa 12 de setembro de 2016 ás 07:23 (UTC)[responder]

De que estamos a falar? Se é unha illa non creo que se refira a que ten polvo. Senón que se referirá a que hai polbo. --Regato das Tres Regueiras (conversa) 12 de setembro de 2016 ás 11:27 (UTC)Regato das Tres Regueiras[responder]

Ademais trátase dunha illa, non dun arquipélago. Pero prefiro non entrar no debate, porque ó mellor é un acto de vandalismo (como dis ti). Primeiro le o estudo de Xosé Lois Vilar, e despois falamos. Tamén atopamos o lugar de "Áreas de Vacas" (versión oficial) e "Areas das Vacas" (versión galega), se houbera unha entrada na Galipedia como lle quereriamos chamar? Como aparece nos mapas oficiais ou nun estudo que foi revisado por xente experta en lingua galega. E segundo a túa teoría, a Aguieira debería estar dentro das Polveiras, non si? Como dis que é un arquipélago.

--Regato das Tres Regueiras (conversa) 12 de setembro de 2016 ás 11:34 (UTC)Regato das Tres Regueiras[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Polveiras. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de novembro de 2019 ás 06:20 (UTC)[responder]