Conversa:Historia postal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Neste artigo fálase do coleccionismo de selos e da filatelia, pero a historia postal é algo diferente, un selo novo sen circular non forma parte da historia postal máis que tanxencialmente, é historia postal en canto esta tamén estuda a súa produción e distribución, a historia postal é a historia do correo por medio do estudo dos documentos postais (sobre circulados, marcas postais, mataselos e selos en tanto medio de pago dun servizo postal non como simple obxecto de colección), tarifas postais, rutas, medios de transporte...Por suposto os filatelistas tamén coleccionan documentos relativos á historia postal pero esta existe desde moito antes da existencia dos selos e dos filatelistas.--RNC 17:13, 3 setembro 2009 (UTC)

  • Para ilustrar o que quero dicir, esta imaxe forma parte da historia postal, é a ruta do Pony Express
Non me dera de conta pero o artigo está traducido con tradutor automático:The Estafes por The Times !!, Lle Timbre Poste por Le Timbre, por canto non trata do tema e está feito con tradutor automático sen revistar creo que cumpre os criterios para borrado rápido.--RNC 17:47, 3 setembro 2009 (UTC)
  • Unha opción podería ser traducir o pouquiño que hai na versión portuguesa do mesmo artigo, este. Pódoo facer eu mesmo un momento. Dáme non sei que o borrado. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:48, 3 setembro 2009 (UTC)
  • O artigo portugués é unha mistura de inglés e portugués, pero parece que o que di é basicamente correcto.--RNC 17:54, 3 setembro 2009 (UTC)
  • Feito! Feito! Faille agora ti as correccións oportunas. Ben vista, RNC. --Atobar (conversa comigo) 18:01, 3 setembro 2009 (UTC)