Conversa:Historia de México

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non lle vexo sentido a esta páxina nin á mensaxe, o artigo inglés existe e non satura a caché, logo nós non somos quen de o facer?.--RNC 15:47, 13 outubro 2009 (UTC)

Non resulta un pouco abusivo chamarlle estado ao imperio azteca? Xoacas(unha palabriña doçe) 20:05, 9 de maio de 2010 (UTC)

Non estou moi posto no tema, pero coido que tería todos os ingredientes para ser chamado estado, de tódolos xeitos o importante é que este artigo si que necesita unha revisión en profundidade, porque agora mismo case nin pode ser chamado artigo.--Carronada 20:15, 9 de maio de 2010 (UTC)
  • Sen ser un experto en historia, penso que parece máis apropiado falar de imperio, pois non se acostuma falar de estado na Prehistoria, Idade antiga nin Idade Media. Outra cousa, non sei para que partir o artigo en 2 porque tampouco é para tanto o que pesa ou ocupa, xa que só hai tres imaxes e o texto non é o que máis ocupa. Penso que é mellor deixalo en un. Ademais non vexo útil partir un artigo en varios, pois o normal é facer un e, se hai demasiada información, faise un bon (sen pasarse da extensión) e en cada apartado déixase ligazón ao artigo principal. Polo menos, polo que eu vin, ese é o criterio que se segue habitualmente na Wikipedia en xeral (nas distintas linguas). Supoño que este artigo ten este formato porque pasou desapercibido. --Xoán Carlos Fraga 20:21, 9 de maio de 2010 (UTC)
  • Estou con RNC; non lle vexo o sentido a este miniartigo. Canto ao de estado azteca, non pode estar ben. --Atobar (conversa comigo) 21:27, 9 de maio de 2010 (UTC)

Cómpre reformular os títulos en negriña, non creo que deban estar no mesmo nivel "prehistoria" cos diferentes pobos de México.--Carronada 22:04, 18 de maio de 2010 (UTC)

Traslado[editar a fonte]

Copiei a información da primeira parte do artigo e creo que obrei mal, ¿tal vez habería que borrar o artigo e mover a primeira parte cara aquí?--Carronada 23:14, 9 de maio de 2010 (UTC)

Ninguén di nada, seguirei copiando os artigos logo...--Carronada 18:47, 15 de maio de 2010 (UTC)

Marcador de atención[editar a fonte]

O marcador de atención púxose cando o artigo tiña pouco máis de dúas liñas [1] e non se quitou polo que o retiro a non ser que alguén vexa algo máis.--Sernostri (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 21:02 (UTC)[responder]