Conversa:Hijos de Rivera

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ata os anos 90 Estrella Galicia era descoñecida fora da cidade de A Coruña e algo coñecida nos arredores pero non en toda Galiza --Nemigo (conversa) 17:44, 27 de xuño de 2012 (UTC)

Non concordo en absoluto coa supresión que se fixo dos contidos de historia de Estrella Galicia. Vexamos, José Mº Rivera fundou a fábrica La Estrella de Galicia en 1906 na Coruña e esta fábrica adicábase á fabricación de cervexa e xeo. No artigo de Hijos de Rivera, os apartados da sección "Historia" ata "Expansión (anos 90) son todos eles feferidos á cervexa e non á marca. Eu entendo que Hijos de Rivera é posterior a Estrella Galicia, polo que a sección de historia que se refire á cervexa debería ir no artigo Estrella Galicia e no da empresa como antecedente. Tampouco me parece axeitado dicir que Hijos de Rivera naceu en 1906, xa que penso que non é así (pode verse na web de Estrella Galicia que esta denominación non aparece por ningures nos inicios), o que eu deduzo é que os herdeiros crearon a compañía Hijos de Rivera. Sexa como sexa, os inicios da empresa coinciden cos da cervexa, polo que tampouco me parece que non deban estar no artigo da cervexa. Un saúdo, Piquito (conversa) 15:09, 3 de xullo de 2012 (UTC)