Conversa:Heterocontófitas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heterokontophyta vs. Heterokonta[editar a fonte]

Estiven coa dúbida, pero arestora penso que hai que mover a páxina de "Heterocontófita" a "Heterokonta" (ou "Stramenopiles"). Explico o porqué:

  • O grupo que se tratou aquí é un "superfilo" (as veces catalogouse como Infrareino).
  • Namentres van den Hoek et al. 1978 e outros lle chamaran “Heterokontophyta”, Cavalier-Smith, 1986 describiuno como "Heterokonta" elevándoo a infrareino (E ao cambiar de categoría a preferencia por data de definición pérdese)
  • Despois “Heterokontophyta” estívose a usar para catalogar algas, e non pseudofungos (oomicetes, p.ex)
  • Cavalier-Smith 1995 definiu "Ochrophyta" para "filo" de algas dentro de "Heterokonta", as "heterocontas fotosintetizadoras". Publicacións posteriores foron usando "Heterokontophyta" como sinónimo de "Ochrophyta".

Así que, tamén, a páxina de heterocontófitas debería redirixir a unha nova para ocrófitas.

A clasificación que se está usando agora pódese ver en:

Máis información dos cambios nas clasificacións:

Mgl.branco (conversa) 9 de marzo de 2017 ás 20:09 (UTC)[responder]

O propio artigo actual xa indica que hai varias clasificacións funcionando simultaneamente nos últimos anos propostas por diversos autores, que están en discusión. Todo depende do asentada que se considere que está a nova clasificación (esperemos que non cambie dentro de poucos anos polas opinións doutro autor ou polo resultado de novos estudos). As clasificacións de Cavalier-Smith non sempre foron as máis seguidas. Se estás seguro que facer o cambio é o mellor, por min, fai o cambio. Entón quedaría por crear a páxina das ocrófitas. Na wikipedia inglesa fixeron modificacións pero seguen redirixindo heterocontófitas a heterocontas.--Miguelferig (conversa) 9 de marzo de 2017 ás 21:13 (UTC)[responder]
Certo, hai varias clasificacións en debate e fai o tema complexo. Iso procede de describir un grupo monofilético (de aí Stramenopiles) ou discrepar na posición. Mais, o que vexo máis cambiante na literatura son as clasificación por riba de Heterokonta, e aí si que cabe citar ben o contexto da proposta do grupo (quen o propón e demais). Logo, os grupos que pertencen a Heterokonta poderán ir mudando nalgún (saír del ou incluírse) pero por se identificar/secuenciar novas especies de Bygira ou seudofungos. Irei paseniño creando a páxina de "ocrófitas" e as demais de filos que faltan. Despois diso, redirixo a páxina - por se acaso me arrepinto :) Mgl.branco (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 11:26 (UTC)[responder]
Moi ben, pois adiante.--Miguelferig (conversa) 28 de marzo de 2017 ás 15:04 (UTC)[responder]