Conversa:Hercules (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Título[editar a fonte]

O título correcto, na miña opinión, debería ser Hércules (constelacíón). Se constelación leva acento, por que Hercules non? En inglés, non leva (non se usan, tampouco o leva constallation), pero en galego... Cf. co portugués Hércules (constelação). --XoioÉche o que hai 2 de xaneiro de 2013 ás 13:09 (UTC)

  • O normal é que tódalas constelacións levasen o seu nome en latín e, segundo os casos, que se redireccionasen os nomes "galeguizados" cara o nome latino, neste senso a wiki inglesa segue a nomenclatura oficial no eido da astronomía practicamente en tódolos casos, o cal (ó meu entender) debería se-la práctica normal.--Xabier Cancela (fálame) 4 de xaneiro de 2013 ás 03:04 (UTC)
  • De acordo. Pero tamén é o normal e, ademais, obrigatorio que as palabras empregadas no galego procedentes doutras linguas, e que non estean adaptadas (é dicir, que se escriban "tal cal" —ad pedem litterae, dirían os de letras—) deben escribirse en letra itálica ou cursiva (e, nos manuscritos, a palabra ou a frase deben subraiarse) para dar conta de dita circunstancia. Isto é de especial importancia no que se refire á linguaxe científica, especialmente aos nomes de taxons zoolóxicos ou botánicos, nomenclatura anatómica e... astronómica tamén. Podemos escribir (e dicir) ruminantes (escrito con inicial minúscula) e tamén Ruminantia (en cursiva, e con inicial maiúscula); ou crustáceos e Crustacea (de crustacĕa, de marcarmos o til de brevidade, porque hai que respectar, cando se fala, a pronuncia latina; por iso en galego o correcto é plistoceno e non pleistoceno, á castelá; ou angüiforme, angüliforme e angüílula, no canto de anguiforme, anguliforme e anguílula —a pesar de que a Academia se lle escapara *anguílidos: é absurdo que a familia dos anguíldos sexa unha das da orde dos angüiliformes, cando a raíz de ambas as voces é a mesma, o xénero Aguilla "anguía").
    O problema do uso de termos científicos latinos en "letra redonda" deriva, na miña opinión, do que eu chamo castrapo científico, que consiste obviamente en utilizar os termos científicos en castalán, idioma que, dentro dos romances, é o que menos rescpecta as normas usuais de adaptación de termos de orixe greco-latina, e por iso hai contradicións en parellas de palabras que, tendo o mesmo étimo, teñen formas castelás diferentes —que moitas veces contaminan o galego— como, por exemplo, diastasa (enzima) e diástasis (separación anómala entre ósos), amabas as dúas derivadas do grego διάστασις "desunión", "división", "separación", a través do latín científico diastǎsis; ou elipse (xeometría) e elipisis (gramática), ambas do latín ellipsis, e este do grego έλλειψις, "falta". Hai que ter en conta que os científicos españois deixaron de estudar latín no século XVIII (o grego, moito antes).
    O problema, que afecta realmente a todas as linguas románicas, pero moi especialmemnte ao castelán, é que os científicos copiaban os termos do seu ámbito de traballo directamente do francés até o século XIX, e do inglés a partir do XX. E cómpre ter en conta que o inglés, hoxe en día idioma universal na ciencia (e noutros ámbitos) é un idioma xermánico, non latino e, polo tanto, usa os termos científicos latinos sen adaptar, directamente lo latín, e conservando incluso a inicial maiúscula dos taxons biolóxicos —que son todos, menos o nome específico— (e os xeolóxicos), que son "nomes (substantivos) comúns" e que, polo tanto deben escribirse con minúscula (agás algunhas excepcións, como os termos xeográfioos e astronómicos; estes últimos, só no ámbito estritamente cioentífico: dicimos o planeta Terra, pero non *hai que arar a Terra). E por iso vemos, incluso en revistas e libros científicos, usar termos, mesmo os ben adaptados morfoloxicamente, con maiúscula: "os Custáceos constitúen un subfilo dos Artrópodos", cousa que a este servidor lle causa noxo.
    Así que, na miña opinión, e neste caso, debería dicirse Hércules (constelación), ou ben Hercules (constelación).
    Desculpa, Xabier, que te "colocara" ete "rollo", pero é que este ano os reis (ou os Reis?) non me botaron nada (cousas da crise, supoño), así que non estou xogando coa "play". Que teñas un bo ano. --XoioÉche o que hai 6 de xaneiro de 2013 ás 15:54 (UTC)
  • Naaa, tamén de vez en cando hai que conversar; home en canto ó tema non entro se ten que ser en cursiva ou non, o feito que para min sexa moito mellor polos nomes na súa versión latina, é sinxelamente por segui-las normas da nomenclatura oficial e sobre todo (isto pasa tamén noutras moitas ramas científicas) por que é moi difícil atopar información fora destes nomes científicos, por ex, hai lúas pequenas de Saturno ou Xúpiter que teñen en teoría un nome adaptado ó galego, pero que ninguén usa, isto mesmo ocorre co castelán, portugués e moitos outros idiomas, por un artigo de astronomía (ou doutra rama) cun nome galego para despois que a persoa que procure por máis información sobre ese artigo na web ou libros, non atope nada agás que procure o termo científico, pois coma que é unha perda de eficacia para o noso idioma (e creo que o noso idioma non se pode permitir esas licenzas) e a nosa wiki, e tampouco quedaría moi ben iso de mesturar alcumes, nomes galego e termos cientificos. Pero este xa sería un debate para toda a rama da astronomía (e incluso outras ramas científicas--Xabier Cancela (fálame) 7 de xaneiro de 2013 ás 18:23 (UTC)).

Por certo, coma se pon un título en cursiva ........

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Hercules (constelación). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 07:50 (UTC)