Conversa:Gueada

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Esta entrada tenme varios problemas. Está na categoría Fenómenos fonéticos en lingua galega, e no artigo di que se dá na fala espontánea en lingua galega. Mais digo eu, sendo un fenómeno polo cal o j castelán vira gue... non será un fenómeno fonético da lingua castelá? É dicir, é un fenómeno que se dá en falantes galegos ao falaren castelán, polo que pertence a esta lingua e non á galega.

Aclarado isto, vou corrixir a entrada.--AmilGZ (conversa) 17 de marzo de 2015 ás 03:05 (UTC)[responder]

Revertín as edicións, AmilGZ. Gheada non é dicir ghueves no canto de xoves senón ghato no canto de gato. Por outra banda, agradézoche que expuxeses a túa visión nesta páxina de conversa, pero ten en conta que para efectuar un cambio de peso no artigo debes esperar a que outros se pronuncien e, sobre todo, aopiar con referencias académicas as mudanzas que desexas levar a cabo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17 de marzo de 2015 ás 10:01 (UTC)[responder]
Vexo que lera mal. Desculpas. En fin, erro meu. Con todo, insisto no de achegar referencias. Por outra banda, atopei pola rede O idioma galego no limiar da súa renacenza, de Mariño Paz [1], que comeza así (páx. 61):
A gheada e a gueada son dous fenómenos caracteristicamente galegos para os que temos documentación segura bastante anterior aos inicios do século XIX. Para a primeira pódense citar, entre outros testemuños, o prolojos do romance galego con que Juan Correa Mendoza y Sotomayor concorreu ao asunto segundo do certame das Festas Minervais compostelás de 1697 (FM, 37), o “estrujas y estruas” que o Padre Sarmiento recolleu na Pontevedra de mediados do século XVIII (CVVVGDV, 110) ou o baja ‘baga’ que Sobreira anotou nunha das súas papeletas ao final da mesma centuria (PDG, 349)26. Para a segunda creo que valen casos ben coñecidos coma as higüelas e aguares dun documento en castelán de 1652, a religuion dun texto de de Fr. Benito Mosquera de 1699, as ogas de migo, o pagal (por pajar) e a tega (por teja) que se len nun documento da parroquia de San Salvador de Coiro (Cangas do Morrazo) datado en 1727 (cf. Mariño Paz 1994: 211-212) ou a non menos coñecida lembranza autobiográfica de Frei Martín Sarmiento que remite ao ano 1716:

Un saúdo e perdón pola confusión. --Atobar (conversa comigo) 17 de marzo de 2015 ás 10:10 (UTC)[responder]

Boas! En primeiro lugar, en ningún momento escribín que a gheada fose dicir ghueves no canto de xoves, pero xa vexo que te decataches. O motivo por que modifiquei o artigo é porque o que había era un esbozo curto e cheo de erros, non considerei que tivese tanto impacto como para telo que falar antes. Desculpáme por iso.

Canto ás referencias, non acheguei ningunha a ningunha das dúas teses sobre a súa orixe porque vin moi clara a súa relación coas orixes da gheada e non pensei que fose preciso. Desculpas máis unha vez. Xa engadín dúas referencias, a primeira ao Consultório Lingüístico da AGAL e a segunda ao libro Gueada y geada gallegas. Neste segundo caso non teño agora mesmo o libro entre as mans para poder copiar o fragmento onde o di explicitamente, laméntoo. ;) --AmilGZ (conversa) 30 de marzo de 2015 ás 13:14 (UTC)[responder]