Conversa:Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non debería ser "Intento de golpe de estado etc"? Moito éxito non tivo, eu sigo aquí. --Xoacas(Góstache o pemento?) 12:47, 16 marzo 2010 (UTC)

  • Non. Foi un golpe de estado, é certo que fallido. Patas arriba si puxeron o Estado durante unhas horas, e o poder quedou suspendido nese tempo. Pódese falar de Golpe de estado (fallido), pero golpe de estado en calquera caso. De calquera maneira, boa apreciación. --Atobar (conversa comigo) 12:53, 16 marzo 2010 (UTC)
  • Estou con Atobar, se só quedaran no plan sería un intento, mais o golpe fixérono, mais non tiveron éxito. --Alberte Si, dígame? 19:48, 16 marzo 2010 (UTC)
  • Atobar convenceume, pero non por ese motivo, se só quedaran no plan sería un plan de golpe de estado, como foi a operación galaxia; un intento é un intento, pero é certo que por horas toda España estivo diante do televisor sen saber quen mandaba aquí, así que a cousa superou o mero intento. Tema pechado pola miña parte. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:06, 16 marzo 2010 (UTC)