Conversa:Golfiño riscado

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Golfiño riscado ou golfiño listado? Véxase o artigo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:57, 8 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Efectivamente, riscado. Referencias: Achegándonos aos mamíferos mariños (Cemma); Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas (Penas Patiño e Piñeiro Seage). Pedro --Lameiro (conversa) 20:49, 8 de febreiro de 2012 (UTC)
  • Na miña opinión, á hora de establecer un nome galego axustado ás Normas (ou varios), habería que ter en conta os seguintes datos:
  • En primeriro lugar, admintir o sinónimo delfín, xa que esta é a forma preferente sobre golfiño, segundo a RAG. Ver delfín e golfiño. A preferencia da primeira forma seguramente obedece ao criterio de maior proximidade á etimoloxía.
  • Canto ao epíteto ou apelido deberianse considerar as diferenzas semánticas en galego dos adxectivos riscado, listado, alistado, raiado, etc. para traducir o inglés striped (que pode ser riscado, pero tamén raiado, a raias, listado, alistado, franxeado, etc.)
— O adxectivo riscado non está recollido no dicionario da RAG. Podería, obviamente, tirarse do participio do verbo riscar, pero hai o pequeno inconventiente que, para Academia, riscar é «1. Facer riscos en. 2 Trazar unha ou varias raias sobre [algo escrito, debuxado ou pintado] para indicar que non é correcto, que non serve etc. Sinónimo borrar.» (Ver riscar). Cousa que, en ningún caso, lle acae ben ao nome do delfín (ou golfiño) en cuestión. (Ver tamén risco1.
— Si son máis acaídos os adxectivos alistado e o seu sinónimo listado. (Ver alistado 2ª acepción, e listado), así como raiado (Ver raiado 2ª acepción, e tamén raia1, 1ª acepción).
Cabería tamén considerar a conveniencia de adaptar o epíteto específico como azul e branco.--XoioÉche o que hai 21 de outubro de 2013 ás 14:57 (UTC)[responder]

O nome de golfiño riscado vénlle da mancha ou banda máis ou menos lineal que percorre o costado do animal. Podemos chamarlla risco ou lista, dáme igual, e así teriamos un golfiño riscado ou listado. Podemos substituír o nome de golfiño polo de delfín, tampouco me parece mal. Pero ¿podemos achegar referencias para un ou outro dos posibles nomes? A miña experiencia en cetáceos só recolle o nome de golfiño riscado, exclusivamente. Non sei se haberá máis referencias das que din a Lmbuga en febreiro de 2012, supoño que si pero non vou pararme agora a buscar máis. Quero dicir que se xa temos un nome aceptado polos expertos, establecido na bibliografía, entrando xa no terreo do común ¿que necesidade temos de buscarlle outro nome máis acaído? Eu deixaríao estar como está, a non ser que outras fontes e referencias rebatan a escolla, en cuxo caso podería ser o momento de discutir a relevancia dunhas ou outras referencias. Mentres tanto, non habendo problema, non vexo necesario buscar solucións. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de outubro de 2013 ás 22:22 (UTC)[responder]