Conversa:Geococcyx

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Está en proceso DarkraiWeb (conversa) 5 de setembro de 2021 ás 01:22 (UTC)[responder]

Nome común[editar a fonte]

DarkraiWeb, non sei se sabes que hai acordos tácitos na Galipedia froito de discusións de anos anteriores de usar o nome científico cando aínda non hai un nome común establecido en galego para o animal. Para usar o nome común non abonda só con que se use en portugués, nin pode decidir poñelo simplemente o editor da Galipedia. Ten que haber algunha referencia en obras zoolóxicas ou dicionarios galegos en que se usou ese nome coincidente co portugués ou non. Outra cousa é comentar que un nome habitual en moitos idiomas é equivalente a tal ou cal ou que en portugués se di así, o cal pode ser unha sección interesante do artigo (se non se lle dá un peso excesivo). Efectivamente, como norma xeral tense en conta o portugués como fonte importante, pero ese criterio teñen que aplicalo as autoridades lingüísticas e científicas. Estes animais non viven na área lusófona de América, senón na área onde se fala inglés, castelán e varias linguas amerindias (desde o sur de Estados Unidos a América Central). O máis curioso é que a serie de debuxos animados Wile E. Coyote and the Road Runner foi emitida na TVG no Xabarín club e déronlle o nome de O Correcamiños, o cal fai que esa sexa unha referencia válida polo menos para o nome do personaxe de debuxos animados (non necesariamente para o do animal), pero nin sequera o mencionaches no parágrafo no que falas do debuxo animado. Ademais, si hai referencias para o nome correcamiños (Geococcyx californianus) no dicionario Digalego de Ir Indo (ver) e na Enciclopedia Galega Universal, equivalente a roadrunner e correcaminos. Non sei tampouco se o nome de papaléguas ou papa-léguas é un nome festivo que lle deron no Brasil ao personaxe de debuxos animados e que despois se popularizou ou se é un nome zoolóxico (o de galo cuco ou galo-cuco si que ten máis pinta de selo). Por todo isto, penso que habería que facerlle algunha reforma á redacción do artigo.--Miguelferig (conversa) 5 de setembro de 2021 ás 12:22 (UTC)[responder]

DarkraiWeb, Miguelferig Boas, quitei os nomes comúns que non tiñan referencias, se aparecen xa poderán engadirse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de setembro de 2021 ás 13:22 (UTC)[responder]