Conversa:Galería de imaxes de Coruxo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Non debería ir dentro de Galería de imaxes de Vigo? Creo que non se crean estas páxinas para as parroquias. AlberteSi, digame? 18:17, 15 xuño 2008 (UTC)
    • Non lembro ningún caso. O que si temos son galerías por concellos nos que as imaxes van mesturadas (Meaño) e outros nos que as imaxes clasifícanse en seccións por parroquias (Poio, Sanxenxo); persoalmente creo que esta segunda forma é a mellor. Como sempre, hai casos intermedios: O Grove mestura as dúas parroquias e separa A Toxa, que é lugar; ou Marín, que separa as imaxes das praias. Pedro --Lameiro (conversa) 21:40, 15 xuño 2008 (UTC)
    • Concordo con Lameiro, o mellor sería ter só o artigo do concello e dentro del a separación da parroquia --Banjo tell me 22:10, 15 xuño 2008 (UTC)
    • Non vexo que sexan excluintes. Na galería de imaxes de Vigo podemos colocar imaxes de Coruxo e outras parroquías, e si sobre Coruxo en concreto temos suficientes imaxes, non vexo porque non pode ter a súa galería. Hai parroquias sobre as que temos artigos bastante amplos, e parroquias que todavía non teñen artigo propio, e non pasa nada. Co caso das imaxes entendo que pasa o mesmo. Si Coruxo ten un artigo propio, non vexo porque non se poden colocar tres ou catro imaxes de Coruxo nese artigo, e unha ligazón á páxina "Galería de imaxes de Coruxo". Para o lector, paréceme máis útil iso que colocar unha ligazón a "Galería de imaxes de Vigo". Si está no artigo Coruxo será porque busca información sobre ese lugar en concreto. Outra cousa é que só houbese unha foto, i entón non tería sentido facer unha galería. Non che sei, é que non acabo de ver o problema. Si me dades algunha razón máis convincente que "sempre se fixo así" podería cambiar de opinión, e estar de acordo co borrado desta páxina. Saúdos.Miguel.lima 18:33, 21 xuño 2008 (UTC)
    • Propoño colocar as imaxes que consideremos "mellores" tamén no artigo Galería de imaxes de Vigo, e manter este artigo Galería de imaxes de Coruxo. Así é como se fai, por exemplo, en Commons, onde hai unha categoría commons:Category:Fountains, outra commons:Category:Fountains in Spain, e mesmo commons:Category:Fountains in Galicia (Spain). Non todas as fotos de fontes están en "Fountains", só as máis relevantes. Pero si estamos interesados en fontes de España, podemos atopalas, e coas fontes de Galiza o mesmo. E algunhas fontes de Galiza serán o suficientemente relevantes como para aparecer na categoría "Fountains in Spain" e outras non, pero non por iso deixan de ser importantes para quen queira coñecer as fontes de Galiza. E a profundidade dos niveis de categorización ven dado pola cantidade e calidade de fotografías de cada categoría. Conforme vaiamos medrando podemos ir creando as categorías (neste caso páxinas "Galería de imaxes de") que vaiamos necesitando. Non separaría tanto por "un lugar merece unha páxina Galería de ixames de pero unha parroquia non", ou "unha cidade si pero un pobo pequeno non", si non máis ben pola cantidade e calidade das imaxes que teñamos. E tamén polo feito de contar cun artigo dun tamaño mínimo. Non lle atoparía sentido a unha páxina "Galería de imaxes de Cuspedriños de abaixo" si non temos todavía o artigo "Cuspedriños de abaixo", ou si ese artigo soamente ten unha única frase. Isto é como o vexo eu, non sei vós que pensades. Miguel.lima 18:49, 21 xuño 2008 (UTC)
  • Ás Galerías de imaxes... surxiron na Galipedia como un xeito de organizar o material gráfico relacionado con Galicia, como unha especie de Galipedia das imaxes (entre outros motivos para que sexa fácil de localizar e teña unha organización unitaria, aínda que cómpre dicir que existe algunha outra galería de tipo xeral). O concepto das galerías procede de Commons, así e todo non se trataba de facer un Commons da/na Wikipedia en galego, consisten nunha páxina de presentación das imaxes que se teñen sobre determinado tema (unha especie de portada, vía de entrada, repositorio de material,...). A galería non pretende recoller todas as imaxes sobre ese tema (por regra xeral, posiblemente haxa algún caso particular a considerar), para iso están as categorías Imaxes de..., nalgúns casos si recollen todo o material pola escaseza de ficheiros ou por outros motivos que habería que avaliar. Posiblemente o que sexa preciso neste momento e traballar no formato de presentación como sinala algún compañeiro arriba máis que na multiplicación de galerías por concello. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:33, 22 xuño 2008 (UTC)
    • Descoñecía a existencia desas categorías "Imaxes de...". Non entendo moi ben que se busca con esas categorías. Probei con seis ou sete delas, e ningunha estaba enlazada desde outra páxina da Galipedia, co cal nunca ninguén chegará a elas. Si o seu obxetivo é categorizar as imaxes, na miña opinión eso deberiamos facelo en Commons, pois é máis útil para todos, e na Galipedia incluir dende Commons as imaxes nos artigos que a precisen. Miguel.lima 18:15, 1 xullo 2008 (UTC)
    • Por outro lado, eu como vexo as páxinas Galería de imaxes..., é como unha ampliación dun artigo nunha parte concreta (neste caso as imaxes), para non extenderse demasiado nunha sección particular, que remate con demasiado peso, "desequilibrando" o artigo, poderiamos dicir. Para min é un caso análogo a ter un artigo Historia de Vigo, e no artigo Vigo, incluir soamente un resumo do máis relevante, e o texto Ver artigo principal: Historia de Vigo. Da mesma forma, temos a sección Vigo#Galería_de_imaxes coas imaxes máis importantes, pero si queres ampliar ese punto concreto podes abrir o artigo Galería de imaxes de Vigo. Miguel.lima 18:15, 1 xullo 2008 (UTC)
  • Parécevos si trasladamos este debate á Taberna? Ao final do que estamos a falar e dun tema bastante xenérico, e sinceramente, non creo que moita xente esté ó tanto do que pasa na conversa do artigo Galería de imaxes de Coruxo. Saúdos Miguel.lima 18:18, 1 xullo 2008 (UTC)