Conversa:Fobia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Penso que sobra a listaxe de fobias (que forzosamente sempre será incompleta e potencialmente desvirtuará o artigo). Ademais, para iso temos xustamente as categorías. --Atobar (conversa comigo) 4 de xuño de 2016 ás 15:50 (UTC)

Precisamente que o artigo non estea desenvolvido produce unha certa sensación de orfandade de información. O inicio da listaxe non é miña e xa avisa que non pretende ser exhaustiva. Na miña opinión, en tanto non se desenvolva o artigo e se vaian completando as diferentes fobias, esta listaxe é a única información que temos. Estou de acordo en que, unha vez medren estas parcelas, a listaxe per se (sen outros engadidos) poderá ser ociosa por contar cunha categorización suficientemente ampla e, por tanto, podería eliminarse. Entre mentres, coido que o presente responde a unha necesidade, se vos parece ben. Saúdos --Castelao (conversa) 4 de xuño de 2016 ás 16:13 (UTC)