Conversa:Flamengo rosa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Flamengo[editar a fonte]

Aquí hai unha discrepancia, o DRAG di que o Phoenicopterus roseus é simplemente flamengo, non lle engade ningún adxectivo, pero claro, tampouco é unha obra sobre ornitoloxía e por iso non ten en conta o resto de especies de flamengos... Podemos deixalo así ou debemos cambialo a flamengo a secas? Vós que dicides, Lameiro e Miguelferig? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 11:25 (UTC)[responder]

Para min a páxina que se debe titular Flamengo é a do xénero Phoenicopterus. As outras páxinas son as de especies concretas do xénero Phoenicopterus que deben de ter un nome con "apelidos": flamengo + algo máis. Como sempre, se non hai referencias fiables do nome común haberá que poñer o nome científico e despois explicar no texto cales son os nomes máis comúns na literatura internacional. O DRAG non é un libro de zooloxía e pon a definición segundo a especie máis coñecida ou abundante (o cal, en calquera caso, non é de todo correcto), especialmente en especies que non son da fauna galega. Xa teño dito outras veces que as necesidades do DRAG non son as necesidades dunha enciclopedia. A enciclopedia necesita un nome para cada especie (do mundo!!), polo que hai que poñerlle "apelidos" e reservar os nomes comúns sen apelido para xéneros, subfamilias, familias. O DRAG o único que ten que facer é recoller as palabras que existan no galego e darlles unha definición, sen preocuparse moito da súa precisión taxonómica ou dos cambios taxonómicos actualizados que se producen. Os nomes da fauna exótica son especialmente problemáticos. Por exemplo, por que "mofeta" é Mephitis mephitis? Esa é a especie máis coñecida, pero hai moitas outras mofetas que son case iguais en aspecto e que, desde logo, son tamén mofetas. Incluso cando se fala da fauna galega, dicir "teixugo" vale para a especie única que hai en Galicia (e isto abonda para o DRAG), pero como non é a única especie de teixugo do mundo, nunha enciclopedia ou nunha guía de mamíferos do mundo cómpre poñerlle un apelido, por exemplo "teixugo europeo", e para a enciclopedia a definición de teixugo sería á dunha subfamilia (ou varias) deses animais. O nome que menos me gusta sempre é o de "común" ou peor aínda "vulgar", porque iso xeralmente é moi localista (e pouco enciclopédico porque a enciclopedia trata todas as especies do mundo). Por exemplo en Galicia os flamengos non son en absoluto comúns, para un chileno o Ph. roseus non é común, xa que alí teñen outra especie, e o mapache común para un norteamericano é Procyon lotor, pero para un suramericano o común é Procyon cancrivorus. O curioso dos flamengos é que en realidade teñen plumas brancas e só se poñen rosas cando comen crustáceos e microorganismos que teñen un pigmento avermellado que lles pon as plumas rosas. O nome flamengo rosa é frecuente na literatura internacional, pero eu sigo preferindo mentres non haxa unhas referencias sólidas e coherentes que se utilice como título da fauna exótica o nome científico e que se expliquen os posibles nomes comúns dentro do texto.--Miguelferig (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 12:39 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Flamengo rosa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de agosto de 2018 ás 22:29 (UTC)[responder]