Conversa:Finados en 2015
¿Para que este artigo? Para ter unha relación de persoas finadas no ano 2015 xa temos unha categoría co mesmo contido. A maior abundamento, no artigo 2015, como nos demais anos, sempre hai unha sección para os persoeiros mortos no ano. En resume, o artigo sobra. Pedro --Lameiro (conversa) 5 de xaneiro de 2015 ás 18:04 (UTC)
Untitled
[editar a fonte]- Concordo con Pedro. Non ten sentido baleirar un artigo (2015) para encher outro (este). --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2015 ás 12:52 (UTC)
- Tanto nesta páxina ("Finados en 2015") como na anterior (temos un artigo "Finados en 2014" e un artigo "2014", o último practicamente baleiro) tampouco vexo necesaria a separación Personalidades_internacionais/Personalidades_galegas. Para que? Porqué? Non serve unha lista cronolóxica corrida como sempre se fixo en tódolos artigos dos anos ata o ano pasado? Que vantaxe ou mellora ten este novo sistema? Non hai personalidades galegas que son personalidades internacionais? (véxase: 2013, 2012, 2011, 2010 2009, 2008, 2007, 2006...) --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2015 ás 17:39 (UTC)
- Concordo con Lameiro e HombreDHojalata. Cumpriría suprimir este artigo e Finados en 2014 e baleirar o su contido no dos anos respectivos. --Xas (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 23:33 (UTC)
Razóns para crear e manter este artigo
[editar a fonte]As razóns que me levaron a crear este artigo en 2014, mantelo actualizado, e facer o mesmo en 2015 foron:
- coherencia coas demais wikipedias, que todas as importantes (ata 30 delas) teñen un artigo dedicado aos finados en cada ano, independente do artigo do ano.
- todas elas, ademais, fan unha selección dos máis importantes para o artigo do ano, pero manteñen os dous artigos.
- os contidos son suficientemente grandes e extensos como para contaren cun artigo de seu. De feito, os artigos correspondentes a 2011 e 2012 son dun tamaño que os criterios da wikipedia aconsellan a súa división (https://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Article_size). En 2011, en concreto, esixen a súa división.
Con respecto á división entre personalidades galegas e internacionais...: a idea era facer un artigo máis interesante. A ordenación cronolóxica é un criterio aquelado, pero creo que tamén é informacionalmente interesante que, na wikipedia galega, as personalidades galegas estean destacadas das demais (ao igual que, en xeral, destacamos os artistas galegos, os deportistas galegos, os políticos galegos, etc.). Ademais, para miralos todos mesturados, cunha distribución máis aleatoria, (ou cando menos, mesturados aqueles que contan con artigo de seu na wikipedia), temos a categoría de Finados no ano correspondente. Non vexo ningún erro real en facer esta división, que é bastante consecuente co procedemento xeral da nosa wikipedia, a verdade. --Xabier Cid Talk 2 me, please 11 de xaneiro de 2015 ás 19:50 (UTC)
- Discordo con case todo o que dis, Xabier :-)
- Nin tódalas Wikipedias teñen artigo de seu, nin temos obriga de ser coherentes con elas. Moitas desas teñen milleiros de editores activos e teñen capacidade de desenvolver e manter unha estrutura de artigos que nós non temos.
- A "...selección dos máis importantes para o artigo do ano..." non se fixo en 2014 (de feito ti baleiraches 2014) nin creo que se poda facer. ¿Cal persoeiro con artigo de seu nesta enciclopedia é máis importante ca outro? Como decidimos cal poñemos nunha páxina si e na outra non? Que gañamos con iso?!
- Os artigos non son tan grandes que aconsellen a súa división, nin "os criterios da Wikipedia" aconsellan tal cousa na guía de edición da Wikipedia en inglés que citas (mais ben di todo o contrario). Non creo que 2011 esixa división ningunha.
- A división entre non galegos e galegos non fai o artigo máis interesante. Nin destaca aos galegos nin hai que destacalos. Nin a categorización por orde alfabética é substitutiva da ordenación cronolóxica, nin é o procedemento xeral da nosa Wikipedia. --. HombreDHojalata.conversa 18 de xaneiro de 2015 ás 14:48 (UTC)
- Grazas pola resposta. Eu sigo sen ver ningún argumento para borrar este artigo e, sinceramente, creo que temos preocupacións maiores. Tentei expoñer o que é o funcionamento normal das enciclopedias do noso arredor, que teñen un artigo de seu para os Finados no ano, e despois fan unha selección breve para o artigo do ano, fundamentalmente por razóns de espazo e de tamaño dos artigos. Hai algunha razón pola que a Galipedia non deba seguir ese esquema cando a maior parte das wikipedias importantes o está seguindo? Eu aínda non atopei ningunha. Dis que non estamos obrigados a seguir a todos os demais... abofé que non. Pero que hai de malo en seguilos?
- Por iso creo que non é demasiado interesante o debate sobre os matices dos criterios de selección dos finados para o artigo do ano ou sobre cal é o tamaño máximo recomendado para os artigos, aínda que crea que estás trabucado en todos eles. :) O debate comezou sobre a pertinencia de borrar o artigo e, vaia, non vexo razóns de peso para facelo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de xaneiro de 2015 ás 18:45 (UTC)
- Xabi. En serio vas empregar "temos preocupacións maiores" como argumento?! --. HombreDHojalata.conversa 18 de xaneiro de 2015 ás 19:44 (UTC)
- Eu, os principais problemas que vexo son dous: 1) penso que, de manter este artigo, tería que ter un contido extra claro respecto do principal (2015). 2) O segundo problema ten relación coa idea de "facer unha selección dos máis importantes". Quen decide cales son os máis importantes? Na conversa do anterior xa expresei as miñas dúbidas... creo que se está a confundir sona con importancia. En resumo, non son contrario a mantelos, mais penso que cómpre darlle unha volta. --Norrin (Fálame) 19 de xaneiro de 2015 ás 07:13 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Finados en 2015. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20150209093223/http://www.jornada.unam.mx/ultimas/2015/02/08/muere-el-empresario-y-dirigente-olimpico-mario-vazquez-rana-4291.html á ligazón http://www.jornada.unam.mx/ultimas/2015/02/08/muere-el-empresario-y-dirigente-olimpico-mario-vazquez-rana-4291.html
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 14:06 (UTC)