Finados en 2015
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2015. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.
Para unha listaxe non ordenada, véxase a categoría "Finados en 2015".
Personalidades internacionais[editar | editar a fonte]
Xaneiro[editar | editar a fonte]
- 1 de xaneiro, Omar Karami, 80 anos, primeiro ministro do Líbano nos anos noventa.
- 1 de xaneiro, Ninón Sevilla, 93 anos, actriz cubano-mexicana, parada cardíaca como cosecuencia dunha insuficiencia hepático-pancreática[1].
- 1 de xaneiro, Ulrich Beck, 70 anos, sociólogo alemán, infarto.
- 5 de xaneiro, Jean-Pierre Beltoise, 77 anos, piloto de automobilismo francés, derrame cerebral[2].
- 7 de xaneiro, Jean Cabut, 76, Stéphane Charbonier, 47, Bernard Verlhac, 57, Philippe Honoré, 73, e Georges Wolinski, 80 anos, debuxantes franceses asasinados no ataque contra a sede de Charlie Hebdo. Tamén, Bernard Maris, 68 anos, escritor francés.
- 7 de xaneiro, Rod Taylor, 84 anos, actor australiano, famoso polo seu papel protagonista en The Birds, de Alfred Hitchcock, infarto.
- 10 de xaneiro, Francesco Rosi, 92 anos, director de cinema italiano, bronquite[3].
- 11 de xaneiro, Anita Ekberg, 83 anos, actriz italo-sueca.
- 23 de xaneiro, Abdalá I, 90 anos, rei de Arabia Saudita, pneumonía.
- 26 de xaneiro, Demis Roussos, 68 anos, cantante grego.
- 27 de xaneiro, Charles Townes, 99 anos, Premio Nobel de Física e inventor do láser[4].
- 28 de xaneiro, Yves Chauvin, 84 anos, químico francés, Nobel da especialidade en 2005
- 29 de xaneiro, Amparo Baró, 77 anos, actriz de teatro, cine e televisión española, cancro de pulmón.
- 30 de xaneiro, Carl Djerassi, 91 anos, químico e escritor austríaco-estadounidense, inventor da pílula anticonceptiva.
- 31 de xaneiro, José Manuel Lara, 68 anos, editor e empresario español, cancro de páncreas.
- 31 de xaneiro, Richard von Weizsäcker, 94 anos, presidente de Alemaña Federal e de Alemaña.
Febreiro[editar | editar a fonte]
- 5 de febreiro, Val Fitch, 91 anos, físico e astrónomo, Premio Nobel.
- 6 de febreiro, André Brink, 79 anos, escritor surafricano, infarto.
- 6 de febreiro, Assia Djebar, 78 anos, escritora e directora de cinema alxeriana.
- 14 de febreiro, Alan Howard, 87 anos, actor de cinema inglés, pneumonía.
- 15 de febreiro, Michele Ferrero, 89 anos, empresario chocolateiro italiano.
- 15 de febreiro, Sergio Blanco, 66 anos, cantante de Mocedades, Sergio y Estíbaliz e El Consorcio.
- 21 de febreiro, Clark Terry, 94 anos, trompetista de jazz estadounidense.
- 27 de febreiro, Leonard Nimoy, 83 anos, actor estadounidense.
- 27 de febreiro, Rosa Novell, 61 anos, actriz catalá,
- 28 de febreiro, Boris Nemtsov, 55 anos, político ruso, asasinado a tiros nunha rúa de Moscova.
- 28 de febreiro, Yasar Kemal, 92 anos, escritor turco.
Marzo[editar | editar a fonte]
- 1 de marzo, Francisco González Ledesma, 87 anos, escritor e xornalista español[5]
- 1 de marzo, Joshua Fishman, 88 anos, sociolingüista e especialista en yiddish, creador do concepto de diglosia [6]
- 9 de marzo, Sam Simon, 59 anos, guionista e produtor de televisión, un dos creadores dos Simpson, cancro de colon.
- 10 de marzo, Frei Otto, 89 anos, arquitecto alemán, premio Pritzker en 2015.
- 12 de marzo, Terry Pratchett, 66 anos, escritor de fantasía inglés, atrofia cortical posterior.
- 17 de marzo, Juan Claudio Cifuentes, Cifu, 74 anos, locutor radiofónico e especialista en jazz, derrame cerebral.
- 21 de marzo, Moncho Alpuente, 65 anos, xornalista e humorista español, infarto.
- 21 de marzo, Milen Dobrev, 35 anos, levantador de pesas búlgaro.
- 23 de marzo, Lee Kuan Yew, 91 anos, primeiro ministro de Singapur durante máis de tres décadas, pneumonía.
- 23 de marzo, Herberto Helder, 84 anos, escritor portugués
- 25 de marzo, Pedro Reyes, 53 anos, cómico e humorista español.
- 26 de marzo, Tomas Tranströmer, 83 anos, escritor sueco.
Abril[editar | editar a fonte]
- 2 de abril, Manoel de Oliveira, 106 anos, director de cinema portugués, parada cardíaca.
- 6 de abril, Kardam de Bulgaria, 52 anos, príncipe aspirante de Bulgaria, infección respiratoria.
- 13 de abril, Günter Grass, 87 anos, escritor alemán, Premio Nobel de Literatura en 1999, infección respiratoria.
- 13 de abril, Eduardo Galeano, 79 anos, escritor uruguaio.
- 19 de abril, Raymond Carr, 96 anos, historiador e hispanista británico.
- 29 de abril, Andrew Lesnie, 59 anos, director de fotografía, gañador de un Oscar, infarto.
- 30 de abril, Ben E. King, 76 anos, cantante e compositor estadounidense.
Maio[editar | editar a fonte]
- 2 de maio, Maya Plisetskaya, 79 anos, bailarina rusa.
- 4 de maio, Jesús Hermida, 77 anos, xornalista e presentados de televisión español, infarto cerebral.
- 14 de maio, B.B. King, 89 anos, guitarrista de blues, diabete.
- 24 de maio, John Nash, 89 anos, matemático e Premio Nobel de Economía estadounidense, accidente de tráfico.
- 26 de maio, Vicente Aranda, 88 anos, director de cinema español.
Xuño[editar | editar a fonte]
- 11 de xuño, Christopher Lee, 93 anos, actor de cinema inglés, insuficiencia respiratoria.
- 11 de xuño, Ornette Coleman, 85 anos, saxofonista e compositor de jazz estadounidense, infarto.
- 14 de xuño, Hugo Blanco, 74 anos, compositor e harpista venezolano, hipoglucemia.
- 17 de xuño, Süleyman Demirel, 90 anos, antigo primeiro ministro e presidente turco, infección respiratoria.
- 22 de xuño, Laura Antonelli, 73 anos, actriz italiana, infarto.
- 22 de xuño, James Horner, 61 anos, compositor de música para filmes como Titanic, accidente de avioneta.
- 23 de xuño, Marujita Díaz, 83 anos, actriz española, cancro.
- 24 de xuño, Cristiano Araújo, 29 anos, cantante brasileiro, accidente de automóbil.
- 25 de xuño, Narsés Pedro XIX Tarmowni, 75 anos, patriarca da Igrexa Católica Armenia, infarto.
- 25 de xuño, Patrick Macnee, 93 anos, actor de cinema e televisión británico, cancro.
- 26 de xuño, Matti Makkonen, 65 anos, enxeñeiro finlandés, un dos pais dos SMS.
Xullo[editar | editar a fonte]
- 11 de xullo, Satoru Iwata, 55 anos, empresario xaponés, CEO de Nintendo, cancro dos condutos biliares.
- 12 de xullo, Javier Krahe, 71 anos, cantautor español, infarto.
- 17 de xullo, Jules Bianchi, 25 anos, piloto de automobilismo francés, como consecuencia dun accidente de coche deportivo.
- 21 de xullo, Theodore Bikel, 91 anos, actor estadounidense coñecido polos seus papeis en musicais.
- 21 de xullo, E. L. Doctorow, 84 anos, escritor estadounidense famoso pola súas novelas históricas, cancro de pulmón.
- 23 de xullo, José Sazatornil, 88 anos, actor español de teatro e cinema, alzheimer.
- 27 de xullo, Abdul Kalam, 83 anos, cientítico e político indio, ataque ao corazón.
Agosto[editar | editar a fonte]
- 2 de agosto, Natalia Molchanova, 53 anos, mergulladora rusa, afogada.
- 5 de agosto, Ana Hatherly, 86 anos, escritora e artista portuguesa.
- 9 de agosto, Coyote, 54 anos, debuxante de banda deseñada francés, infarto.
- 15 de agosto, Julian Bond, 75 anos, defensor dos dereitos civís estadounidense, cancro.
- 17 de agosto, Arsen Dedić, 77 anos, cantautor croata,
- 20 de agosto, Lina Morgan, 78 anos, actriz de teatro e televisión española.
- 21 de agosto, Daniel Rabinovich, 71 anos, músico e cómico arxentino, integrante de Les Luthiers, doenza cardíaca.
- 25 de agosto, Txiki Benegas, 67 anos, político español, deputado do PSOE e do Partido Socialista Vasco, cancro.
- 25 de agosto, Vardo Rumessen, 77 anos, pianista, musicólogo e político estoniano.
- 25 de agosto, Bento da Cruz, 90 anos, escritor portugués, especialista na guerrilla antifranquista.
- 28 de agosto, Joan Garriga, 52 anos, piloto de motociclismo español, das feridas causadas por un accidente de moto.
- 30 de agosto, Oliver Sacks, 82 anos, neurólogo británico, cancro de fígado.
- 30 de agosto, Wes Craven, 76 anos, director de cinema estadounidense de filmes de horror, tumor cerebral.
- 31 de agosto, Wayne Dyer, 75 anos, escritor estadounidense de libros de autoaxuda, leucemia.
Setembro[editar | editar a fonte]
- 7 de setembro, José María Ruiz Mateos, 84 anos, empresario e político español, pneumonía.
- 11 de setembro, Alberto Schommer, 87 anos, fotógrafo español, cancro de próstata.
- 12 de setembro, Adrian Frutiger, 87 anos, tipógrafo suízo.
- 13 de setembro, Moses Malone, 60 anos, xogador de baloncesto estadounidense.
- 20 de setembro, Jackie Collins, 77 anos, escritora estadounidense, cancro de peito.
- 28 de setembro, Ignacio Zoco, 76 anos, futbolista español.
Outubro[editar | editar a fonte]
- 5 de outubro, Tomris İncer, 67 anos, actriz turca, cancro.
- 5 de outubro, Henning Mankell, 67 anos, novelista sueco de novela negra, cancro de pulmón.
- 5 de outubro, Ana Diosdado, 77 anos, actriz e dramaturga española, infarto.
- 5 de outubro, Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, 77 anos, nobre español.
- 5 de outubro, Chantal Akerman, 65 anos, cineasta belga, suicidio.
- 22 de outubro, Gloria van Aerssen, 83 anos, cantante española, membro do grupo Vainica Doble.
Personalidades galegas[editar | editar a fonte]
Xaneiro[editar | editar a fonte]
- 4 de xaneiro, Carmen Pérez Navazal, 89 anos, vocalista do grupo Malvela[7].
- 4 de xaneiro, Fernando Quintela Nóvoa, 99 anos, dentista e presidente da Fundación Alexandre Bóveda[8].
- 10 de xaneiro, Alexander Schmuck, galicianista alemán[9].
- 10 de xaneiro, Manuel Ángel Villanueva Cendón, 79 anos, ex-conselleiro da Xunta de Galicia, insuficiencia respiratoria.
- 11 de xaneiro, Alberto Carpo, 78 anos, pintor.
- 15 de xaneiro, José Luís Alvite, 65 anos, xornalista, cancro de pulmón e de colon[10].
- 26 de xaneiro, Antonio Quesada, 82 anos, pintor.
Febreiro[editar | editar a fonte]
- 6 de febreiro, María Romero, 85 anos, actriz de dobraxe, ictus[11].
- 8 de febreiro, Mario Vázquez Raña, 82 anos, empresario e olimpista galego-mexicano, cancro[12].
- 9 de febreiro, Manuel Viqueira Vieites, 85 anos, gaiteiro[13].
- 15 de febreiro, Xerardo Pereira Menaut, 68 anos, historiador e escritor.
- 16 de febreiro, Evaristo Fernández García, 107 anos, nesta data o varón máis vello de Galicia[14], derrame cerebral.
- 28 de febreiro, Pablo Beiro, 52 anos, deportista en cadeira de rodas e político vigués[15].
Marzo[editar | editar a fonte]
- 1 de marzo, Suso López Gayoso, 52 anos, escritor.
- 2 de marzo, Juan Salgueiro, 68 anos, antigo alcalde de Silleda, aneurisma cerebral[16].
- 4 de marzo, José Tojeiro Díaz, 80 anos, personalidade televisiva da década dos 90[17].
- 8 de marzo, Francisco Cacharro Pardo, 78 anos, político, ex-presidente da Deputación de Lugo[18], mielofibrose.
- 15 de marzo, Pilar Iglesias Osorio, 82 anos, política e líder asociativa luguesa, fibrose pulmonar[19].
Abril[editar | editar a fonte]
- 7 de abril, Miguel Martínez Losada, 69 anos, ex conselleiro de Traballo.
Maio[editar | editar a fonte]
- 3 de maio, Juan Ramón Díaz, 73 anos, xornalista e director de La Voz de Galicia e de El Ideal Gallego.
- 15 de maio, Juan Carlos Lema Balsas (Zapatones), 59 anos, artista.
- 16 de maio, María do Carmo Kruckenberg, 88 anos, escritora.
Xuño[editar | editar a fonte]
- 20 de xuño, Manuel Aramburu, 79 anos, pintor e debuxante.
- 28 de xuño, Xosé Luís Bóveda, 81 anos, fillo de Alexandre Bóveda e padroeiro da súa Fundación.
Xullo[editar | editar a fonte]
- 2 de xullo, Isaac Prado Villapol, 83 anos, político e alcalde do Vicedo durante máis de dúas décadas.
- 20 de xullo, Daniel Rivas, 27 anos, piloto de motociclismo, accidente de moto.
- 25 de xullo, Ismael González, cineasta e escritor galego.
Agosto[editar | editar a fonte]
- 9 de agosto, Luís Rei, bibliotecario e investigador literario.
- 11 de agosto, Ángel Calles, 66 anos, xornalista deportivo lugués.
- 11 de agosto, Antonio Pedreira, 66 anos, xuíz, consecuencias dun accidente cerebral.
- 17 de agosto, Darío Álvarez Gándara, 79 anos, médico e escritor.
- 26 de agosto, Javier Fernández Fernández, 41 anos, músico, integrante de Los Piratas, disparos.
- 31 de agosto, Pepa Noia, 94 anos, unha das fundadoras das Nais de Maio.
Setembro[editar | editar a fonte]
- 6 de setembro, Madriles, 80 anos, xogador de fútbol que fora porteiro do Deportivo da Coruña.
- 12 de setembro, Armando Blanco, 67 anos, antigo alcalde de Teo.
- 23 de setembro, Manuel Rodríguez Alonso, 63 anos, crítico literario galego, cancro.
Outubro[editar | editar a fonte]
- 15 de outubro, Nacho Mirás, 44 anos, xornalista e escritor, tumor cerebral (astrocitoma).
- 16 de outubro, Luciano García Alén, 87 anos, etnógrafo e doutor, especialista na olería de Galicia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ninón Sevilla Dies: Cuban 'Aventurera' Rumbera Actress Dead At 93 Following Cardiac Arrest, Latin Times, 1 de xaneiro, 2015.
- ↑ Mort du pilote de F1 Jean-Pierre Beltoise, Le Monde, 5 de xaneiro de 2015.
- ↑ Addio al regista di «Mani sulla città». Morto a Roma Francesco Rosi, Corriere del Mezziogiorno, 10 de xaneiro de 2015.
- ↑ Nobel laureate and laser inventor Charles Townes dies at 99, web da Universidade de California Berkeley.
- ↑ Mor l'escriptor Francisco González Ledesma, Ara, 1/3/2015.
- ↑ Joshua Fishman, Yiddishist and Linguistics Pioneer, Dies at 88, The Jewish Daily Forward, 4/3/2015.
- ↑ Fallece la señora Carmen, cantareira y solista do grupo Malvela de Sanguiñeda, La Voz de Galicia, 5 de xaneiro de 2015.
- ↑ Falece o histórico galeguista Fernando Quintela Nóvoa, Praza Pública.
- ↑ Morre Alexander Schmuck, galego por elección e por amor, Sermos Galiza, 10 de xaneiro de 2014.
- ↑ Fallece José Luis Alvite, un periodista único e irrepetible, El Correo Gallego, 16/1/2015
- ↑ Fallece la actriz gallega que dobló a la señora Roper, La Voz de Galicia, 6/2/2015
- ↑ Muere el empresario y dirigente olímpico Mario Vázquez Raña, La Jornada, 9 de febreiro de 2015.
- ↑ Morre Manuel Viqueira, fundador de Os Viqueiras de Ordes, El Correo Gallego, 9 de febreiro de 2015
- ↑ Falleció en Ría de Abres, Trabada, Evaristo Fernández, el abuelo de Galicia, La Voz de Galicia, 17 de febreiro de 2015.
- ↑ Fallece a los 52 años Pablo Beiro, fundador del club deportivo Amfiv y concejal del PP, Faro de Vigo, 1/3/13.
- ↑ Fallece el exalcalde de Silleda Juan Salgueiro, Faro de Vigo, 3/3/2015
- ↑ Fallece José Tojeiro, autor de la célebre frase "droja en el Cola Cao", Diario de Ferrol, 6/3/15.
- ↑ Fallece el expresidente de la Diputación de Lugo, Francisco Cacharro Pardo, El Progreso, 8/3/13.
- ↑ Fallece en Lugo la exconcejala Pilar Iglesias Osorio, El Progreso, 15/3/2015.