Conversa:Festas de Jól

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sei até que punto isto é así. Habería que dar referencias e aseguarse do nome. Ese Jól non parece moi galego. Por outra banda, non sei se ten algo que ver co Nadal, que en dinamarqués se di Jule. O devandito: cómpre referenciar e adaptar á nosa lingua. --Atobar (conversa comigo) 21:27, 12 novembro 2009 (UTC)

Leo que na wiki sueca di: Julblotet integrerades i den kristna julen.. É dicir que a tal festa de Jól está integrada dentro do Nadal cristiá. --Atobar (conversa comigo) 21:30, 12 novembro 2009 (UTC)

E que estiven un rato pensando o nome, e coma Yule non me parecía o máis apropiado, optéi pola forma Jól, xa que procede de linguas escandinavas e pronunciaríase coma a j portuguesa.

Tamén penséi en galeguiza-lo nome e poñerlle Iule, pero non sei se sería moi acertado. ¿Que pensades? --Yavanno 21:35, 12 novembro 2009 (UTC)

    • Yavanno, nós non podemos ditar nada, é dicir, non podemos marcar criterios. Temos que nos limitar ás referencias que nos dan as fontes primarias. Se non hai forma galega, que malo será, haberá que deixalo na lingua orixinal, pero, cal é a orixinal? Isto non está tan claro. Vou deixar un marcador de atención no artigo entrementes que non o solucionamos. --Atobar (conversa comigo) 21:52, 12 novembro 2009 (UTC)

De acordo, pero me parece que provén do escandinavo antigo e é así tal cal, Jól, dígoo por que eu coñezo bastante do tema do paganismo xermano e esa é a súa raíz, pero se queres deixa-lo letreiro até que se esclareza máis, déixao, non hai problema. --Yavanno 22:06, 12 novembro 2009 (UTC)

Xenial. --Yavanno 22:18, 12 novembro 2009 (UTC)

  • Cómpre dar unha solución. O marcador de atención leva case un mes posto. Que facemos? --Atobar (conversa comigo) 13:28, 7 decembro 2009 (UTC)
Aquí o problema é que en cada lingua o termo varía, Yule en inglés, Jul en alemán, Jul ou Jól en sueco, Jül en frisón do norte etc., en galego non creo que haxa referencia ningunha, a min como Jól é unha forma tan válida como as outras paréceme que ben pode quedar así, sobre todo se é a forma orixinal do nórdico antigo como se comentou enriba (aínda que para sabelo certo habería que procurar fontes).--RNC 18:58, 7 decembro 2009 (UTC)