Conversa:Falla de San Andreas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non sei cal é o nome máis apropiado para esta falla. O nome en inglés é falla de San Andreas e foi bautizada con ese nome en tempos moi recentes polo seu descubridor (pero á súa vez baseouse nun topónimo xa existente da zona). O nome en castelán é falla de San Andrés e a tradución que correspondería en galego é falla de Santo André. Se cómpre cambiarlle o nome, pois haberá que facelo. Polo momento ten as tres redireccións.--Miguelferig (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 20:29 (UTC)[responder]

O caso é que como Falla de Santo Andrés tan só atopei algunha unidade didáctica e con San Andreas nada, e en inglés xa a propia forma indica unha orixe española (San e non Saint) e parece que o nome procede dos tempos do franciscano Palóu que cambiou o nome da Cañada de San Francisco a Cañada de San Andrés coincidindo coa festa de Santo André (David L. Durham. California's Geographic Names: A Gazetteer of Historic & Modern Names of the State)--HacheDous=0 (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 20:52 (UTC)[responder]
Pois se credes que hai que cambiarlle o nome, adiante. Eu non podo facelo porque o nome novo será o dunha das redireccións xa existentes e non sei como se fai nese caso. De todos modos o que lle puxo o nome á falla fíxoo recentemente (1895) e baseouse no topónimo do val de San Andreas. É certo que este á súa vez procede do nome que lle puxera á zona Palóu, que era San Andrés. Pero nós non sei ata que punto podemos non basearnos no topónimo oficial (e popular), San Andreas, que ten, e andar a buscar orixes históricas do termo. Ou ponse no orixinal (San Andreas) ou ponse en galego (Santo André), pero nun terceiro idioma habería que pensalo. San Andrés é a forma que estamos habituados, pero porque estamos afeitos a velo en castelán. Outros nomes californianos non foron cambiados (San Francisco, San Diego...), pero este si (a medias, porque se mantivo o San, e tampouco puxeron Andrew, senón Andreas). Adiante co cambio, pois. Ademais, son complicados moitos dos topónimos (sempre teño problemas cos nomes xeográficos e de cidades). Traduzo en toponimos Lake, Pass, City, Lane... ou non? Quero dicir en Palm Beach (unha cidade) non se traduciría, pero se é un topónimo puramente xeográfico si: praia de Malibu, baía de San Francisco. Hai casos dubidosos.--Miguelferig (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 21:21 (UTC)[responder]
Seguín dándolle voltas ao do nome e xa non o teño tan claro. Agora son partidario de falla de Santo André, como en portugués e como corresponde á tradución directa en galego.--Miguelferig (conversa) 20 de xullo de 2018 ás 11:34 (UTC)[responder]
Pero se non hai fontes que respalden ese topónimo en galego..., non se pode usar..., Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2018 ás 12:01 (UTC)[responder]
Eu, visto o visto, voto por usar o nome en inglés San Andreas Fault, é dicir Falla de San Andreas, como está agora (se os americanos se fixeron unha lea co nome é problema deles, non podemos inventarlle nós o nome). E mentres non aparezan referencias en galego para este topónimo, claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2018 ás 12:05 (UTC)[responder]
Segundo Wikipedia:Toponimia non hai máis que empregar a forma oficial, a non ser que aparezan fontes relevantes doutra/s forma/s en galego.--HacheDous=0 (conversa) 20 de xullo de 2018 ás 14:45 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Falla de San Andreas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2018 ás 17:13 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Falla de San Andreas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de outubro de 2019 ás 05:12 (UTC)[responder]