Saltar ao contido

Conversa:Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Non sería moito máis obxectivo consideralos un "grupo armado considerado terrorista polo Estado español", en lugar de directamente un grupo terrorista?

  • Eu penso que si.--Norrin_strange (Talk) 12:13, 29 xuño 2007 (UTC)
  • Eu coido que non. Independentemente das súas ideas as súas tácticas son terroristas, aínda que eles e seu entorno non o consideren así. Por outra parte tamén habería que mencionar o atentado da discoteca Klangor.
  • Eu tamén creo que si.- Meu rei
  • Eu coido que foron un grupo armado terrorista. Ademais de na miña opinión unha panda de tolos de remate.--83.37.141.0 23:35, 12 marzo 2009 (UTC)

Considero que debemos voltar á definición anterior:

O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo armado galego considerado terrorista pola xustiza española

A verba terrorista é de aplicación política, así pois son os países, ou organismos supranacionais como a UE, a que designan a súa lista de organizacións e persoas terroristas. Pero a Wikipedia debera ser imparcial e dicir que o EGPGC é un grupo terrorista segundo a xustiza española. O que si é neutral é que era un grupo ou banda armada. Senón teriamos que comeza-lo artigo de Nelson Mandela con: Nelson Mandela é un terrorista, etc, cando só é considerado como tal polos EEUU. Ademais tamén habería que comezar: O exército español (ou de calquera país) é un grupo armado terrorista, etc. Pois iso, a aplicación da verba terrorismo, en canto é política, non é neutral. Alberte Si, dígame? 16:20, 10 novembro 2008 (UTC)

Eu concordo con Alberte. Miguel.lima 21:23, 10 novembro 2008 (UTC)

Ben, obviamente discordo coa frase proposta porque é unha redundancia. Quen decide que un grupo de criminais é terrorista é a xustiza que teña competencia para iso. Neste caso, a española. Por iso dicir que o grupo X é un grupo terrorista segundo a xustiza española, e non dicir sen máis que é un grupo terrorista, parece insinuar que segundo outras fontes non é un grupo terrorista. Se non é un grupo terrorista podería ser unha asociación de criminais, se queredes. Pero iso é o que "son", é dicir, o que a xustiza di/dixo que son. Calquera outra definición (banda armada, grupo de liberación, loitadores nacionais, etc.) son, esas si, posicionamentos políticos por presencia ou por ausencia. Hai alguén entre os presentes que poida manter que o EGPGC non era un grupo terrorista? --Xabier Cid Conversa 22:29, 10 novembro 2008 (UTC)

  • Eu sigo a opina-lo mesmo. Non creo que sexa redundante achegar quen considera terrorista á banda, xa que nós non debemos poñelo sen máis porque penso que é incumpri-lo PVN. Entendo a túa posición, mais iso plantexa moitos problemas (ademais do que comento do pvn): a Luis Posada Carriles cal é a xustiza que ten que dicir se é terrorista ou non? Se é a estadounidense supoño que non o consideraran terrorista, se é a cubana supoño que si. Por iso sigo pensando que debemos optar por dicir o que foron, un grupo ou banda armada, e a continuación engadir "declarada terrorista pola xustiza española". E a solución máis neutral e enciclopédica que podemos engadir e pechamos a porta a que se faga esa edición en tódolos persoeiros que cadaquén considere oportuno. Alberte Si, dígame? 01:23, 28 decembro 2008 (UTC)
    • O problema, Xabier, é que aquí seica o teñamos todos bastante claro.... pero en Hamas? en Hisbulá? no Exército Israelí? no Maquis? na ETA dos 60?.... mellor non tmar partido.-- Norrin_strange (Fala-me) 08:20, 28 decembro 2008 (UTC)

Máis información

[editar a fonte]

Estando pendente o tema da categoría, habería que engadir algunhas cousas:

  • Algunha imaxe que sexa algo representativa do grupo, pode ser mesmo unha pintada co texto "EGPGC", eu teño visto algunha máis non sei onde. Nesta web aparece un logo, non sei se é verdadeiro ou non, máis se podería encargar alguén que controle do tema de facelo en svg.
  • Esa mesma web inclúe o primeiro comunicado do EGPGC, se é veraz debería ser subido a Wikisource como documento histórico.
  • Cómpre engadir canto menos unha sección de "Ideoloxía", aínda que sexa resumida, con notas referidas ao 1º comunicado (non sei se hai máis comunicados).
  • Podería ser boa cousa (aínda que levará traballo) facer unha cronoloxía coas accións do EGPGC.

-- Norrin_strange (Fala-me) 11:37, 15 abril 2009 (UTC)

    • Esquecera unha cousa: Alguén sabe se tiñan algunha publicación interna, como o Zutabe de ETA? -- Norrin_strange (Fala-me) 11:38, 15 abril 2009 (UTC)

O artigo está bastante mal, confunde feitos e datas. A primeira acción pública foi o estoupido de 7 bombas en entidades financeiras a noite anterior a celebración dun xuizo contra 3 persoas por atracos a bancos. Persoas que anunciaron ao dia seguinte que eran do EGPGC.

Outro exemplo, falase do estoupido dun coche bomba na comisaria de Ourense como consecuencia da detención da cúpula.

A cúpula foi detida con posterioridade a voladura do chalet de Fraga, e Antón Arias Curto estivo na comisaría de Ourense detido e sufriu unha caida por unha fiesta. Como "resposta" meteron o coche bomba na explanada da comisaría.

En fin o artigo debería ser eliminado casi por completo

(este comentario foi feito por 85.56.210.46 o 18 setembro 2009 ás 15:21, pero esqueceu asinar. Móvoo ó final da conversa.

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 11:52 (UTC)[responder]