Conversa:Estatólito (botánica)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Na primeira liña: iclusuión??? --Chairego apc (conversa) 19 de marzo de 2016 ás 21:31 (UTC)[responder]

Estatocistos e estatocitos[editar a fonte]

Na literatura científica utilízanse referíndose a plantas os termos estatocisto e estatocito indistintamente, como sinónimos, polo que creo que isto se debería de indicar no artigo. Bastaría simplemente dicir ""... estatocistos, tamén chamados estatocitos..." ou algo similar. Por exemplo, nunha busca feita no Google Scholar de statocyte plant atopei 1670 artigos, mentres que buscando statocyst plant atopei 1420 artigos, pero examinando só a primeira páxina en pantalla de resultados, máis da metade deles referíanse aos statocistos de animais (aínda que se mencionaba a palabra "planta" polo artigo), polo que creo que habería que contabilizar moitos menos resultados. De ser isto así, estatocisto sería minoritario referido a plantas (pero aínda así bastante usado). Téñase en conta que os das plantas son células, polo que lles corresponde moito mellor a terminación cito, mentres que os dos animais son estruturas pluricelulares cun oco no centro onde se moven extracelularmente os estatólitos, polo que ao ser unha estrutura cun oco lle corresponde mellor a terminación cisto. Entón, a ligazón azul que hai nesta páxina do termo estatocisto envía ao estatocisto dos animais, e penso que debería cambiarse mellor á páxina estatocito, que se refire a plantas. Para complicar aínda as cousas, as múltiples células que compoñen un estatocisto animal tamén se poderían denominar cada unha estatocito. Eu engadín un breve capítulo final aclarando isto na páxina estatocito, para que se vexan as distintas acepcións e non haxa confusións.--Miguelferig (conversa) 20 de marzo de 2016 ás 17:33 (UTC)[responder]