Conversa:Enrique Alvarellos
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Propoño retirar as categorías de compositores galegos, xa que no artigo non fai referencia a esta ocupación. A única referencia que fai ao mundo da música é a fundacións de dous conxuntos corais, mais eso non quere dicir que fora músico (onde estudou música? tiña formación?) Tampouco penso que sexa axeitada a categoría de director de coro, xa que repito que o único que di o artigo é que os fundou, eu podo crear e dirixir un coro e non ser director, xa que non teño formación para dirixilo. Piquito (conversa) 23:04, 17 de agosto de 2012 (UTC)
- Gran Enciclopedia Galega: "Estudou ... e Música, foi ... membro directivo da Filharmónica Lucense. No terreo musical dirixiu 22 grupos corais e desempeñou labores de asesoría musical; así mesmo, en 1981, fundou o Orfeón Xoán Montes. Como compositor, Alvarellos é autor de numerosas obras de carácter polifónico..." --. HombreDHojalata.conversa 20 de xuño de 2013 ás 19:27 (UTC)
- Enciclopedia Galega Universal: "A composición e dirección musical é outro dos eidos nos que este polifacético lugués desenvolve o seu quefacer diario. Dende finais dos anos corenta E. Alvarellos leva dirixido máis de vinte agrupacións musicais: Coro Entre as Silveiras, corais de Sarria, Monterroso, Agolada, Capela de San Roque, Coro da Policía Local de Lugo, etc. En 1981 fundou o Orfeón Xoán Montes, un coro de voces graves que xa leva dado máis de 300 concertos por toda Galicia, e diversos lugares de España, Francia ou Alemaña. Como compositor, Alvarellos é autor de numerosas obras de carácter polifónico, ..." --. HombreDHojalata.conversa 20 de xuño de 2013 ás 19:32 (UTC)