Conversa:Elena de Borbón e Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nome galeguizado[editar a fonte]

Ao ser unha nobre, o nome non debería ser galeguizado, coma ocorre cos reis, a Helena de Borbón e Grecia? En catalán si está catalanizado.Nachonion (conversa) 28 de abril de 2014 ás 11:41 (UTC)

Usuario:Nachonion: segundo Wikipedia:Nomes propios de persoas, tradúcense "os membros da realeza, especialmente os monarcas, os emperadores (...), e outros membros da realeza cando exista a tradición de indicala". Penso que en galego non hai moita tradición de traducir o nome da infanta, pero sería cuestión de atopar referencias serias. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de abril de 2014 ás 11:55 (UTC)
Para isto o mellor sería botar unha ollada tanto á Diciopedia como á EGU, a ver qué criterio empregan. --Norrin (Fálame) 28 de abril de 2014 ás 12:43 (UTC)
Exite unha certa tendencia a galeguizalo, así no Diccionario dos nomes galegos de Ir Indo figura expresamente Helena de Borbón, pero como di Norrin sería bo contrastalo con outras fontes.--Sernostri (conversa) 28 de abril de 2014 ás 14:00 (UTC)