Conversa:Cronoloxía do franquismo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non cro que debamos traducir "El Pardo" por "O Pardo" nin galeguiza-lo nome de Don Juan por Don Xoán. Non lembro ben qué normas temos ó respecto pero eu proporía non facelo. Pedro --Lameiro (conversa) 15:54, 17 decembro 2007 (UTC)

  • Si se galeguizan os nomes de Xoán Carlos (rei de España) ou Xoán XXIII, Papa, e ben tantos outros, no vexo onde esté o problema. En canto a "O Pardo" dicimolo na conversa corrente pois ao dicir El Pardo para min é maís ben en castelán Non? De todas as maneira pola miña parte non teño ningun inconveniente en voltar a tua proposición. Que alguén poida sacarnos do quicio. Un saúdo de Padin 18:27, 17 decembro 2007 (UTC)
Non lin máis ca tres parágrafos, non soporto seguir lendo. Creo que o primeiro parágrafo atenta xa contra o punto de vista neutral, semella pretender desculpar a ditadura. No xeito de expresar as cousas pode haber contido ideolóxico. Considero inaceptable o que se di nese parágrafo sen haber referencias--83.37.195.179 02:46, 1 marzo 2009 (UTC)
Como todo sexa como o inicio, paga a pena borrar o artigo ou propolo para borrar--83.37.195.179 02:49, 1 marzo 2009 (UTC)
En concreto, o texto di O réxime político que tivo España entre os anos 1939 e 1975 pode ser cualificado como a ditadura franquista. ¿Como que pode ser cualificado como ditadura? ¿ou é que non pode ser cualificado como franquista?
iso non significa que fose algo especificamente español. Vaites, tras o visto, semella iso e o que vén a continuación unha desculpa da ditadura.
foi expresivo dun talante ditatorial que mantivo notorias semellanzas con outros existentes nalgúns países de Europa e América. Eufemismo: A ditadura é talante ditatorial, e máis desculpas a favor do réxime.
O verdeiramente peculiar del foi que durante a vida do xeneral Franco, sen cambar de forma substancial, pasou da semellanza dun tipo de ditadura a outro e manténdose sempre á fronte, a mesma persoa. Semella, tras o anterior, un panexírico a favor de Franco
Ou a revisión é profunda ou mellor borrar o artigo--83.37.195.179 03:05, 1 marzo 2009 (UTC)

¿Pode ser verosímil o artigo escribíndose semprew con maiusculas, xa non a palabra "igrexa", senón a palabra "exército"?

¿Qué referencias fan falta? O artigo ten bibliografía e ligazóns externas, pódense referenciar os datos, pero por cada información do artigo teriamos que engadir unha referencia. ¿é iso necesario?--Carronada 01:16, 24 de abril de 2010 (UTC)

A inclusión de "tras unha guerra civil" plantea o seguinte problema: o franquismo tras 0 29 de septembro de 1936 xa estaría instaurado en certas partes de España controladas polo bando nacional, se incluimos tras unha guerra civil, pódese pensar que o franquismo non está presente ata despois do 1 de abril de 1939. Saudos--Carronada 13:52, 24 de abril de 2010 (UTC)

  • Por partes: 1)Bibliografía e referencias son cousas distintas. Referenciar sempre se pode e nunca está de máis. Sobre todo aqueles aspectos máis polémicos (Aperturismo, crimes etc.). 2)Igrexa, con maiúscula é institución; con minúscula, o templo. Canto ao exército, entendo que debe de ir en minúscula. 3)O franquismo principia no 39, non antes. Coido que non esquezo nada. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:02, 24 de abril de 2010 (UTC)

Eu non concordo contigo, considero que dende que Franco é nomeado xefe de goberno comeza o franquismo nas zonas controladas polos nacionais, ou se o prefires en 1938 cando asume o cargo de xefe de Estado.--Carronada 14:07, 24 de abril de 2010 (UTC)

Nesta puntualización estou de acordo con Carronada, o franquismo non escomenza en 1939 en tódolos sitios. Sen ir máis lonxe en Galiza sufrimos o franquismo tres anos máis, dende o mesmo 1936, xa que aquí non houbo guerra civil. --Alberte Si, dígame? 14:57, 24 de abril de 2010 (UTC)

Sen Referencias[editar a fonte]

Propoño a eliminación deste aviso sen referncias. Se alguén considera que determinados feitos ou datas deben ser referenciados, que o indique en cada caso ou engada unha lista nesta páxina de conversa. O aviso, tal como está (emenda á totalidade), nunca poderá ser eliminado doutro xeito. Pedro --Lameiro (conversa) 17:28, 6 de decembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Datación cronolóxica do franquismo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de novembro de 2019 ás 16:50 (UTC)[responder]