Conversa:Córtex insular

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Cortiza insular»)

Cortiza ou córtex?[editar a fonte]

Para min cortiza significa o que en castelán se chama "corcho" ou en inglés "cork". En anatomía penso que é mellor dicir córtex ou codia. Para min codia ten máis ben o sentido de parte superficial dura (como en codia terrestre), polo que eu prefiro córtex en anatomía (que di a Terminoloxía Anatómica da última versión eleborada na xuntanza de Costa Rica?), pero eu non son un especialista en terminoloxía de galego (aínda que a teño que usar diariamente e algo sei).--Miguelferig (conversa) 22:44, 14 de abril de 2012 (UTC)

O en liña da RAG ten:
  • cortiza: Casca da sobreira e dalgunhas outras árbores, que se aproveita para diferentes usos industriais. 2. Obxecto feito desa casca, como boias, flotadores ou rollas. 3. Cortizo.
  • córtex: Anat. Capa exterior dun órgano, a diferenza da substancia interna ou medular. Córtex cerebral. Córtex renal.
  • codia: Parte exterior dura que se forma en certos corpos, en particular nos alimentos como a boroa, o queixo ou o pan. Gústame a codia do pan cando sae do forno. Codia terrestre.
Polo que eu penso que o axeitado neste caso debe ser córtex. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:15, 15 de abril de 2012 (UTC)
Entón, mudei o título da páxina a Córtex insular.--Miguelferig (conversa) 18:26, 15 de abril de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Córtex insular. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de outubro de 2019 ás 21:48 (UTC)Responder[responder]