Conversa:Corpo de Voronin

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gustariame saber se o nome deste orgánulo debería escribirse con W ou V, xa que procede do nome dun investigador ruso. Non sei se alguén saberá.--Miguelferig (conversa) 10 de decembro de 2013 ás 20:25 (UTC)[responder]

Penso que debería ser con V- porque o Ve (cirílico) se pronuncia /v/. De todos xeitos sei quen fala ruso e mañá pregúntolle. Un saúdo --Servando2 (Dime) 10 de decembro de 2013 ás 20:30 (UTC)[responder]
Grazas. En ruso parece que se escribe Воронин. Por certo, debería levar acento no i? E o de Mikhail seguramente haberá algunha forma recomendable de escribilo.--Miguelferig (conversa) 10 de decembro de 2013 ás 20:32 (UTC)[responder]
Xa preguntei e dixéronme que a transcrición normal é con <v>, posto que esa letra representa un son como o do francés venir ou o do portugués vinho. Polo que me dixeron a palabra non debe ser aguda senón grave. Polo tanto a forma máis conveniente debería ser Voronin.--Servando2 (Dime) 11 de decembro de 2013 ás 14:44 (UTC)[responder]
Grazas outra vez. Xa se fixeron cambios na páxina e na súa denominación grazas a Estevoaei e quedou o asunto arranxado. Ademais eu cambieino nas outras páxinas da Galipedia onde aparecía. Queda como redirección "corpo de Woronin", que é unha ortografía que vai aparecer en moitas referencias noutras linguas.--Miguelferig (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 20:02 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Corpo de Voronin. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 23:05 (UTC)[responder]