Corpo de Voronin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fusarium é un ascomiceto filamentoso, que presenta corpos de Voronin.

O corpo de Voronin é un orgánulo arredondado de 150 a 500 nm de diámetro, rodeado de membrana e cheo dunha matriz densa cristalina, derivado dos peroxisomas, que se encontra só en certos xéneros de fungos ascomicetos filamentosos, como, por exemplo, Aspergillus, Neurospora, Fusarium ou Magnaporthe. O principal compoñente da súa densa matriz é a proteína Hex1. Os corpos de Voronin están xeralmente asociados ao poro septal que separa as células nas hifas, pero tamén se poden concentrar na parte apical das hifas en certos momentos do ciclo vital[1].

A primeira función que se describiu deste orgánulo foi a de tapar o poro septal cando se producen danos nas hifas, para evitar a perda do contido celular da hifa[2]. En Magnaporthe grisea, que infecta as raíces da planta do arroz, parece que os corpos de Voronin se requiren para o correcto desenvolvemento das estruturas infecciosas (apresorias) que invaden a raíz e para a progresión da infección, e parece que teñen unha función protectora contra o ambiente adverso que atopa no seu hospedador e contra o estrés nutricional, como a falta de nitróxeno[3].

O orgánulo recibe o seu nome en honor do micólogo ruso Mikhail Stepanovich Voronin[4], que o describiu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mapping Woronin body position in Aspergillus nidulans." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2013. Consultado o 2011-05-29. 
  2. Managadze, D.; Würtz, C.; Sichting, M.; Niehaus, G.; Veenhuis, M.; Rottensteiner, H. (2007). "The peroxin PEX14 of Neurospora crassa is essential for the biogenesis of both glyoxysomes and Woronin bodies". Traffic (Copenhague, Dinamarca) 8 (6): 687–701. ISSN 1398-9219. PMID 17461798. doi:10.1111/j.1600-0854.2007.00560.x. 
  3. "Woronin body function in Magnaporthe grisea is essential for efficient pathogenesis and for survival during nitrogen starvation.". Consultado o 2011-05-29. 
  4. A Dictionary of Biology. Oxford University Press. 2004. Consultado o 2009-09-03. http://www.encyclopedia.com/doc/1O6-Woroninbody.html

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]