Conversa:Copa do Rei de fútbol

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Concurso España non é o Campionato de España (Copa do Rei)[editar a fonte]

O Concurso España non é o Campionato de España (Copa do Rei, do Presidente da República ou do Xeneralísimo, segundo a época). Do mesmo xeito que a Copa da Liga, a Copa Real Federación Española de Fútbol ou o Campionato de España de Afeccionados son copas, pero tampouco son o Campionato de España. Ou do mesmo xeito que a Copa Galicia ou a Copa Galiza non son o Campionato de Galicia. Este debate tamén xurdíu na Wikipedia en castelán e deixei alí unha serie de argumentos que o proban (es:Discusión:Copa del Rey#La Copa España no es la Copa del Rey), os cales se poden resumir en:

  • Unha federación pode organizar varias copas de varios tipos e non teñen porque ser a mesma competición, tal e como se pode observar nos exemplos anteriores.
  • O Concurso España 1912 foi organizado pola Federación Española de Clubs de Football (FECF), a cal xa organizara o Campionato de España 1912 con anterioridade. Unha federación non pode organizar dous Campionatos de España nunha soa tempada. Os anos nos que houbo dous Campionatos de España nunha soa tempoada (1910 e 1913) foi porque había dúas federacións enfrontadas e cada unha delas organizou cadanseu campionato propio. Ao fusionárense nunha soa, foi cando foron aceptados ambos os dous campionatos.
  • O Concurso España foi creado como un novo torneo alternativo no que permitir xogar a xogadores estranxeiros, xa que lles fora prohibido participar no Campionato de España 1912.
  • O Concurso España nunca apareceu nos anuarios como Campionato de España, cando mesmo a Copa da Coroación (hoxe en día non considerada oficial) chegou a aparecer (Anuario 1926-27. p.27, o primeiro editado pola RFEF). O que quere dicir que a FECF non a considerou nunca un Campionato de España, e en consecuencia a RFEF fundada en 1913 tampouco.
  • En 2023, a RFEF recoñeceu o Concurso España como competición oficial, pero non dixo que o recoñeza como un Campionato de España.

Jorges65 (conversa) 9 de abril de 2023 ás 07:59 (UTC)[responder]