Conversa:Copa Deputación da Coruña de fútbol

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Copa Deputación[editar a fonte]

Ola! Veño de crear este artigo e quería facer unhas puntualizacións:

1º En ningún lado, nin na páxina da FGF, nin en portais deportivos, nin na páxina da propia Deputación da Coruña vén recollido de maneira sistemática o palmarés completo da competición. Nin sequera os clubes que a gañaron sinalan a Copa Deputación nas súas páxinas web como parte do seu palmarés (tan só o fai así o Racing de Ferrol). De aí que falten datos esenciais como varios campións ou os resultados de varias edicións, porque tiven que ir buscando a información manualmente consultando hemerotecas e demais. Por iso é de agradecer que quen saiba, vaia completando os ocos que faltan.

2º Polo que vin, é seguro que a Copa tivo a súa 1ª edición no ano 1988, a súa 2ª edición no ano 1989 e que desde a súa 11ª edición en 1999 se disputou initerrompidamente até o día de hoxe, sendo a actual (a de 2014) a 26ª edición. O que pasa é que se se disputara anualmente desde 1988 até hoxe, a actual edición de 2014 debería ser a edición número 27ª, polo que non se disputou durante un destes anos (só un) da década dos noventa: 1990, 1992, 1994, 1995, 1997 ou 1998. O problema é que non sei cal deles é.

A ver se entre todos deramos obtido toda a información que falta e referenciala.

Un saúdo! —o anterior comentario sen asinar foi feito por 84.79.11.14 (conversacontribucións) 10:18‎, 6 de agosto de 2014 (UTC).

Grazas por iniciares este artigo. Coma ben dis, é moi complicado atopar información desta copa. De feito, eu mesmo tentei comunicarme coa Federación e non obtiven resposta, así que non é tarefa fácil. Estas competicións están moi esquecidas, algo semellante acontece coa Copa Galicia, da que é bastante difícil atopar información (especialmente das edicións dos anos oitenta), e mais co Campionato Galego de Afeccionados. Coido que a Federación e a prensa non lle dan a importancia que merece a estes torneos, porque máis aló de seren torneos oficiais, tamén son unha parte importante da historia do fútbol galego, só hai que ve-la cantidade de equipos implicados na súa disputa, dende os máis fortes ata os máis humildes. En canto ó segundo punto, é certo, houbo un ano non que non se debeu disputa-lo torneo, porque a numeración non cadra cos anos nos que se xogaron, aínda que eu tampouco sei cal. A ver se somos capaces de atopar máis información, porque é bo sacar do esquecemento estas competicións. Un saúdo. Jorges65 (conversa) 8 de setembro de 2014 ás 04:09 (UTC)[responder]
Boas! Engadín unha a caixa de información de competición deportiva, non sei de fútbol, polo que pode que haxa algo que se poda poñer a maiores na caixa ou se algún dato non é correcto. Por outra banda, estaría ben conseguir unha imaxe da copa (se é posible, claro) para poñer na caixa e que así o artigo teña algunha ilustración. Un saúdo!! Piquito (conversa) 23 de setembro de 2014 ás 18:41 (UTC)[responder]


Non hai que esquecer unha cousa. A Copa Deputación Provincial da Coruña NON É UN TORNEO OFICIAL, xa que non o organiza ningunha federación, senón unha administración pública. Polo tanto, preguntar á FGF por isto é como facelo ás paredes. Eu creo que en 1998 non houbo torneo.--83.34.133.3 6 de outubro de 2014 ás 17:59 (UTC)[responder]
A Copa Deputación da Coruña de fútbol está patrocinada pola Excma. Deputación da Coruña e está organizada pola Federación Galega de Fútbol, tal e como se recolle na normativa da mesma (1). Alén diso, no listado de competicións da páxina web da Federación Galega de Fútbol tamén aparece (2), así que son eles quenes deberían te-las actas dos partidos. - Jorges65 (conversa) 12 de outubro de 2014 ás 21:21 (UTC)[responder]


Xa está o palmarés completo! Só faltarían, para termos todos os datos, a data de celebración da final de 1995 e o lugar e a data de celebración de edición de 1996. Mais en principio tampouco se trata de datos esenciais. Para conseguir todos eses datos foi fundamental a achega feita por Jorge Deza, o editor do blog "Ferrol é Racing" sobre o Racing de Ferrol, e que xentilmente aceptou elaborar un artigo no seu blog sobre o historial das finais da Copa Deputación da Coruña depois de que eu llo pedira ao no atopar datos sobre varias das edicións da década dos 90 -> [1].

Por outra banda, respecto da fotografía, aquí vos deixo un par de fotografías que poderían valer. A primeira é unha fotografía do equipo da SD Compostela posando co trofeo despois de gañar a final da edición de 2013 -> [2] E a segunda é unha fotografía tamén da edición de 2013, co capitán da SD Compostela Manuel Castiñeiras Porto recollendo o trofeo de campións en primeiro plano -> [3] As fotos pertencen a dous seguidores do Compos que teñen senllos blogs sobre o equipo, e supoño que se alguén se pon en contacto con eles non terán ningún inconveniente en deixarvos as fotografías. Dígovolo porque eu non teño conta na Galipedia nin sei como funciona iso do Commons. A primeira das fotos pertence a este blog: [4]; e a segunda a este: [5].

En terceiro lugar, a modo de suxestión, creo que o título do artigo debería ser mudado para Copa Deputación da Coruña de fútbol, xa que existe tamén a Copa Deputación da Coruña noutros deportes.

E por último, por se alguén se anima a proseguir coa elaboración dos artigos sobre as Copas Deputación de fútbol das outras provincias galegas, pois aquí vos deixo un recadro co palmarés da Copa Deputación de Ourense (desde logo ese artigo sería ben máis fácil de redactar que o presente) -> [6] (na edición 2013/14 o resultado da final foi de 0-0 e o CD Ourense B levou o torneo nos penaltis)

E iso é todo, un saúdo!—o anterior comentario sen asinar foi feito por 84.79.11.14 (conversacontribucións) 14 de outubro de 2014 ás 21:46

Oficialidade[editar a fonte]

Ainda que non afecta o contido do artigo, estaría ben confirmar con fontes se é, ou foi (ou non), un torneo oficial, xa que o regulamento da tempada 2017 disque o describe como un "torneo de caracter non oficial/amigable" (1) e na páxina de información do torneo na web FGF aparece descrito como "comp. non oficial" (2), mentres que por exemplo na edición de 2014 non especifica que sexa un torneo "non oficial" nin no regulamento (3), nin na información do torneo proporcionada na web da FGF (4). – Jorges65 (conversa) 28 de outubro de 2017 ás 15:13 (UTC)[responder]

Na Regulamento Xeral da FGF de 2016 non aparece listada como competición oficial (artigo 190). -- Jorges65 (conversa) 6 de setembro de 2020 ás 16:27 (UTC)[responder]

Esta competición non é oficial e nunca o foi en ningunha edición. Que colabore a FGF coa Deputación coruñesa é lóxico (é un torneo de fútbol). Pero quen organiza a competición, quen lle dá o nome, quen pon a pasta e quen pon o trofeo é, obviamente, a Deputación.--80.31.106.61 13 de xaneiro de 2021 ás 21:20 (UTC)[responder]

Pois eu non vexo tan claro que por eses motivos non poida ser unha competición oficial. Por exemplo, nas bases da Copa Deputación de Lugo 2022 especifícase claramente que se trata dunha competición oficial:
SEXTA: Ao ser esta unha competición oficial, todos/as os/as xogadores/as que interveñan, deberan estar regulamentariamente inscritos nos seus respectivos clubs e ter aboada a cota correspondente da Mutualidade de futbolistas espanñois.
Mais o trofeo e os cartos veñen da Deputación:
UNDEÓCIMA: Establecese que ao final do encontro, o Campión e Subcampión da Copa Exma. Deputación Provincial de Lugo, das categorías sinaladas no apartado primeiro, recibiran os trofeos correspondentes doados pola Deputacion Provincial.
DÉCIMO TERCEIRA: A Deputación de Lugo concedera os respectivos premios económicos polos resultados deportivos logrados por cada un dos participantes en función dos partidos disputados, eliminatorias superadas e respectivas finais. [...]
BASES DA COPA XXXVIII DEPUTACIÓN DE FÚTBOL (ANO 2022) Jorges65 (conversa) 27 de decembro de 2022 ás 03:33 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 13 ligazóns externas en Copa Deputación da Coruña de fútbol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 02:08 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 12 ligazóns externas en Copa Deputación da Coruña de fútbol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 22:41 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Copa Deputación da Coruña de fútbol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de outubro de 2018 ás 07:39 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Copa Deputación da Coruña de fútbol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de xuño de 2019 ás 06:49 (UTC)[responder]

Torneo desaparecido[editar a fonte]

A competición leva sen se organizar dende o 2019, na web da Deputación a documentación que aparece é a da edición de aquel ano (1), e ata o de agora non hai noticias de que vaia ser recuperado, así que polo momento cambiei a redacción do artigo e púxeno como competición desaparecida. -- Jorges65 (conversa) 5 de abril de 2023 ás 03:25 (UTC)[responder]