Conversa:Conchouso, Brués, Boborás

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Propoño o borrado por contido irrelevante. Incorporei o único feito reseñable (a antiga escola) ao artigo sobre a parroquia, Brués, Boborás. --Iago dime 11:42, 21 de novembro de 2010 (UTC)

Pódese subsitituir polo mínimo que adoitan levar os artigos de lugares. Fágoo eu nun momentiño...--Paradanta (Cóntame) 11:50, 21 de novembro de 2010 (UTC)

Creo que o problema estriba en que este lugar non está recollido no Nomenclátor e non hai datos de poboación para el. Se cadra o borrado non era mala idea. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:09, 21 de novembro de 2010 (UTC)

Ah! Esa xa é outra cuestión...eu din por suposto que estaba...--Paradanta (Cóntame) 12:12, 21 de novembro de 2010 (UTC)
No Nomenclátor que consta este lugar. Non sei no IGE. Pedro --Lameiro (conversa) 12:13, 21 de novembro de 2010 (UTC)
Vale, no IGE non vén, pero é que no IGE non veñen todos os lugares que aparecen no nomenclátor. E a referencia é o nomenclátor, non o IGE (neste último, como son estatísticas de poboación, moitos lugares deshabitados que aparecen no nomenclátor non veñen). Logo, procede manter o artigo, dende logo.--Paradanta (Cóntame) 12:19, 21 de novembro de 2010 (UTC)

Xa, tes razón, na versión do nomenclátor que ten a Xunta si que figura este lugar. A cuestión que as fontes sobre poboación e vivenda non o recolle, así que non temos datos sobre número de habitantes. En calquera caso o IGE e o INE actualízanse anualmente cos datos dos padróns municipais e cada década cos datos dos censos electorais, pero non me consta que o nomenclátor da Xunta fose actualizado dende tempos de don Manuel. Teremos que decidir que facemos, porque este non é o único caso de lugar-pantasma: se imos seguir estritamente o da Xunta ou o do INE. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:20, 21 de novembro de 2010 (UTC)

Unha notiña só: os lugares deshabitados están recollidos no nomenclátor do IGE. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:21, 21 de novembro de 2010 (UTC)
Si, pero non todos. É dicir, a maioría dos lugares que aparecen no nomenclátor e non no IGE son deshabitados (seino por casos que coñezo de As Neves), pero iso non quere dicir que no IGE non apareza ningún lugar deshabitado. Na miña opinión, mentres sigan aparecendo no nomenclátor, deben permanecer os artigos. --Paradanta (Cóntame) 12:35, 21 de novembro de 2010 (UTC)
Concordo con seguir co Nomenclátor como referencia, mellor có IGE. O problema está na información que se dea nestes casos. Se, habitualmente, a única información que temos dun lugar é a súa poboación, a falta deste dato ¿qué dicir? O exemplo de Conchouso vénnos moi ben. A primeira liña é un feito certo pero ¿quen referencia a segunda liña? E ¿ten sentido manter un artigo que só nos diga que Conchouso é un lugar de Brués? Non sei. Pedro --Lameiro (conversa) 13:31, 21 de novembro de 2010 (UTC)
Xa, entendo. Antes de nada, vou facer fincapé na diferenza que existe entre que apareza no IGE un lugar deshabitado, co cal o dato de poboación existe (é cero habitantes), e polo tanto, si se pode dicir algo do lugar, e que o lugar non apareza no IGE, co cal carecemos do dato da poboación (probablemente será cero tamén, pero non é seguro, polo que non podemos mencionalo). Nos casos nos que me atopei esta última circunstancia optei por crear o artigo se existía algún elemento salientable no lugar (por exemplo, Altamira, Taboexa, As Neves), en sintonía co que di Lameiro. Penso que, ata aquí, é doado chegar a un consenso. A cuestión, pois, parece reducirse a esta cuestión: é un elemento salientable que xustifique a creación do artigo a presenza dunha antiga escola nun lugar? A verdade é que eu non sei moi ben que contestar, tería que meditalo máis.--Paradanta (Cóntame) 14:41, 21 de novembro de 2010 (UTC)