Conversa:Coelenterazina

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Coelenterazina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 00:20 (UTC)[responder]

Nome galego[editar a fonte]

Na miña modesta opinión, a adptación ao galego do nome inglés coelenterazine sería celenteracina. Ao cabo Coelenterata galeguízase como celenterados, e o inglés hydrazine como hidracina. --XoioÉche o que hai 8 de setembro de 2020 ás 19:37 (UTC)[responder]

Eu non o teño tan claro. Aquí hai dúas cuestións, unha é a terminación azina e outra a raíz coelo.
  • En canto á raíz az, á que neste caso se engade a terminación ina (azina), hai que dicir que é a que a IUPAC manda utilizar para certos compostos que conteñen nitróxeno (ou azote). Esta raíz mantense así en moitas palabras, como azida (que non ten nada que ver con ácida nin aceda). Non hai que confundila con certas terminacións en cina que se producen ao engadir a terminación ina a outros nomes de compostos que non teñen que ver con estes compostos nitroxenados, como en estreptomicina (myces=fungo + ina) ou glicina.
  • O dicionario da Academia non contén a penas nomes deste tipo de compostos, o único que atopei foi hidracina, pero noutros dicionarios como o Digalego, que é máis enciclopédico e, por tanto, inclúe moitos máis nomes técnicos, aparecen moitos destes termos, sempre con z, entre eles fenilhidrazina. Como excepción inclúe hidracina, porque non ten máis remedio ao ser o único que sae no DRAG, pero sistematicamente usa a raíz az (que manda a IUPAC) para este tipo de compostos nas entradas de aldazina, atrazina, azina, clorpromazina, diazina, fenazina, fenotiazina, oxazina, piridazina e a mencionada fenilhidrazina. Incluso dentro de certas definicións usa tamén hidrazina (pero non como entrada). Na Enciclopedia Galega Universal tamén aparece hidrazina, fenilhidrazina, azina. Como ves esta ortografía para estes compostos está referenciada. Para min está claro que esta raíz az (=con nitróxeno) hai que mantela seguindo a IUPAC, pero este vocabulario non está nada traballado no DRAG. Estes compostos son raros e o DRAG só incluíu o máis coñecido, a hidracina, que se usa como combustible de foguetes.
  • En portugués din, por exemplo, hidrazina tamén e usan coelenterazina (Ver Substratos de coelenterazina para Renilla luciferase e apoaequorina). En castelán atopei coelenterazina en moitas páxinas web, por exemplo nesta solicitude de patente: "1. ES2567410 - NUEVOS SUSTRATOS DE COELENTERAZINA Y MÉTODOS DE USO".(ver). Ver tamén un anuncio da venda do composto coelenterazina da marca Cepham Life Sciences (ver). Outro exemplo en castelán nunha páxina química: "Presentamos dos nuevos kits para ensayos en vitro. El QUANTI-Luc ™ Gold un Kit de detección de luciferasas basado en coelenterazina y el QUANTI-Blue ™ Solution un ensayo colorimétrico enzimático" (ver), e outro máis do Instituto Nacional de Astrofísica de México (ver). Ver tamén os artigos científicos do repositorio do GoogleScholar en castelán e buscar coelenterazina e atoparanse moitos exemplos.
  • Ademais no Digalego usan a raíz az non só en terminacións senón ao principio de palabras como azida, azidotimidina. Azida tamén vén no BUSCatermos (onde vén hidracina e fenilhidracina). E fóra dos nomes de compostos químicos aparece no Digalego en aziliano (un período do Mesolítico que procede dun topónimo francés) e en azeotrópico.
  • En canto a coelo ou celo, talvez a cousa non está tan clara, pero hai que ter en conta que o termo foi acuñado en inglés e tomárono do nome Coelenterata, e estas palabras que derivan de nomes taxonómicos ás veces hai que mantelas ou presentan moitas dúbidas. Por exemplo, da bacteria Streptomyces kanamyceticus obtense a kanamicina (ou canamicina ?). Aquí o Digalego di kanamicina (o DRAG non di nada). Entón Coelenterata tradúcese por celentéreos, pero non está claro que coelenterazine haxa que traducila por celenteracina, nin se fixo así noutros idiomas. Non se poden traducir tampouco todos os nomes ingleses acuñados, aínda que procedan de palabras inglesas, por exemplo a severina é unha proteína, que non é nada severa, xa que o seu nome vén do inglés severe ('cortar, acernar'), pero non a traducimos por "cortadorina", ou a coilina vén do inglés coil ('enroscar'), pero non a imos traducir por "enrosquina". Hai ducias de exemplos como estes dous. Ás veces hai que ter en conta de onde procede de forma directa a palabra. Por exemplo na proteína katanina o nome procede de forma directa do inglés katanin, pero nese idioma, á súa vez, a palabra formouse a partir do nome da espada xaponesa katana, que no DRAG chaman catana, polo que se presenta o problema de escribir katanina ou catanina, pero penso que hai que traducila desde o termo acuñado katanin=katanina, en vez de traducir as raíces do termo acuñado. Faise igual nos termos procedentes de linguas clásicas; os alemáns acuñaron no século XIX a palabra chromosom=cromosoma tomándoa do grego e déixase así, sen intentar traducir as raíces, o cal daría lugar a "colorocorpo" en vez de cromosoma.
  • Por último, estas cousas trátanse na páxina de conversa, pero non se inclúen no texto do artigo. No artigo non se pon unha referencia que diga "Ver conversa". Tampouco adoita ser necesario poñer frases valorativas sobre un termo ou outro, simplemente se di que tamén se pode dicir así e engádese a referencia (pero o problema é que neste caso non hai referencia para ningún dos dous termos). Se se considera que hai que cambiar o nome e así se acorda por min non hai problema, pero a miña opinión é moi contraria a cambiar a terminación azina.--Miguelferig (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 10:56 (UTC)[responder]