Conversa:Cerdedo-Cotobade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adaptación dos artigos ó novo concello Cerdedo-Cotobade[editar a fonte]

Tarefas:

  • Amañar os artigos dos concellos antigos
  • Crear o artigo do concello novo Feito! Feito!
  • Mellorar o artigo cos contidos dos artigos Cerdedo e Cotobade
  • Revisar e cambiar, se é preciso, os artigos que ligan con Cerdedo
  • Revisar e cambiar, se é preciso, os artigos que ligan con Cotobade
  • Buscar e cambiar, se é preciso, os artigos que usen o texto "Cerdedo"
  • Buscar e cambiar, se é preciso, os artigos que usen o texto "Cotobade"
  • Cambiar todos os mapas de localización dos concellos - alternativamente podería estudarse a conveniencia de substituír eses mapas nos modelos concello polo modelo de mapa de localización
  • Amañar todos os mapas da provincia
  • Cambiar as listas de concellos, provincia e comarcas
  • Amañar todos os artigos que indiquen que hai 314 concellos e poñer 313
  • Amañar as categorías de Commons Feito! Feito!
  • Amañar as galerías de imaxes de concello de ... Feito! Feito!
  • Amañar os artigos de parroquias e lugares Feito! Feito!
  • Revisar tódolos artigos dos concellos lindeiros por se describen que limitan ao norte, sur, este, leste con Cerdedo ou con Cotobade. Feito! Feito!
  • Revisar todos os artigos das categorías Cerdedo ou Cotobade.
  • Revisar tódalas imaxes dos dous concellos (non só as de Commons: haberá imaxes só cargadas na Galipedia) Feito! Feito!
  • Amañar as listas de concellos e da provincia de Pontevedra Feito! Feito!
  • Amañar os lugares onde se diga que que Pontevedra ten 62 concellos e poñer 61 Feito! Feito!
  • Que máis tarefas habería que facer?
  • Crear o novo elemento en Wikidata (véxanse d:Q661657 e d:Q1631759) Feito! Feito!: d:Q27949267
Completar datos en d:Q27949267.
Xa existe o artigo Lugares de Cerdedo-Cotobade--Jglamela (conversa) 29 de xaneiro de 2017 ás 12:07 (UTC)[responder]
  • ...
Alguén sabe a que comarca pasa a pertencer o novo concello? Cotobade e Cerdedo eran de dúas comarcas diferentes... --Chairego apc (conversa) 17 de outubro de 2016 ás 19:41 (UTC)[responder]
Non sei se iso xa estará definido, eu non vin nada ó respecto pero tampouco busquei.
Banjo, podes botarlle un ollo a Modelo:Concello2 para facer que se lle poidan pasar como parámetro as coordenadas da casa do concello e saia o mapa de localización? Eu fixen un intento rápido e non me funcionou... Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2016 ás 13:12 (UTC)[responder]
Polo visto aínda non se concretaron os cambios a nivel comarcal. Vaia trapallada de fusión... --Chairego apc (conversa) 18 de outubro de 2016 ás 13:26 (UTC)[responder]

Máis tarefas:

  • Revisar tódolos artigos dos concellos lindeiros por se describen que limitan ao norte, sur, este, leste con Cerdedo ou con Cotobade.
  • Revisar todos os artigos das categorías Cerdedo ou Cotobade.
  • Revisar tódalas imaxes dos dous concellos (non só as de Commons: haberá imaxes só cargadas na Galipedia)

Pedro --Lameiro (conversa) 18 de outubro de 2016 ás 13:37 (UTC)[responder]

@Elisardojm: Podo intentalo, pero descoñezo como funciona o modelo do mapa de localización. Máis tarde reviso. Banjo tell me 18 de outubro de 2016 ás 15:34 (UTC)[responder]

@Banjo: Ó mellor só é un problema cos parámetros... Grazas @Chairego apc: e @Lameiro:. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2016 ás 16:09 (UTC)[responder]
Feito! Feito! creo... Revisa a ver se o ves ben. Banjo tell me 18 de outubro de 2016 ás 18:18 (UTC)[responder]

Casa do concello[editar a fonte]

Posto que a capitalidade do concello será a mesma que a do antigo Cotobade, elimino a imaxe da casa do concello de Cerdedo. --Chairego apc (conversa) 18 de outubro de 2016 ás 17:02 (UTC)[responder]

Creo que me expresei mal. Quería dicir "retirar a imaxe" do artigo, non eliminala. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 18 de outubro de 2016 ás 18:59 (UTC)[responder]

Nados nos antigos concellos[editar a fonte]

E teño unha pregunta. É correcto que a todos os nados nos concellos de Cerdedo e Cotobade lles poñamos que naceron no concello de Cerdedo-Cotobade? Penso que iso non é correcto xa que o novo concello non existía cando naceron, e xa que imos deixar os artigos dos concellos antigos tampouco temos necesidade de cambiarlles o lugar de nacemento, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2016 ás 21:41 (UTC)[responder]

Wikidata[editar a fonte]

Cómpre crear o novo elemento en Wikidata (véxanse d:Q661657 e d:Q1631759). --. HombreDHojalata.conversa 27 de outubro de 2016 ás 22:11 (UTC)[responder]

Poboación en Wikidata[editar a fonte]

@Elisardojm: O erro ó tomar a poboación de wikidata neste caso é porque non ten asignado o valor "point in time" para o ano correspondente, a diferencia doutros concellos que si o teñen para varios anos. Banjo tell me 29 de novembro de 2017 ás 13:52 (UTC)[responder]

Banjo, sabes como amañalo? Se non míroo eu cando teña un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2017 ás 13:55 (UTC)[responder]
@Elisardojm: Feito! Feito! Banjo tell me 29 de novembro de 2017 ás 14:01 (UTC)[responder]
Moitas grazas Banjo :)! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2017 ás 14:05 (UTC)[responder]
Banjo, creo que xa quitei eses parámetros de tódolos artigos que o usaban. Sabes se hai algunha forma de consultar se hai algún artigo que aínda os estean a utilizar? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2017 ás 14:19 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Non sei se funciona con {{concello}}, non revisei como está definido para ese modelo, pero Módulo:Wikidata ten a posibilidade de incluír os artigos que teñen datos locais e máis en wikidata en Categoría:Wikipedia:Artigos con datos locais. Banjo tell me 29 de novembro de 2017 ás 14:53 (UTC)[responder]

Pero eu non quería iso Banjo, eu quero atopar os artigos que inclúan o modelo concello e que estean a usar o parámetro poboación. Se fago unha busca por "ano poboación" só saen os artigos que teñen ese texto dentro do seu contido, e iso non me vale. Por exemplo, acabo de buscar os artigos que teñen "pé_imaxe" e non atopa ningún, cando hai varios modelos que están a usalo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2017 ás 15:48 (UTC)[responder]
Busquei agora co buscador avanzado de google e parece que non hai ningún artigo que use ese parámetro, penso que xa está amañado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2017 ás 15:51 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de outubro de 2019 ás 12:15 (UTC)[responder]