Conversa:Centro recreativo y cultural Hijos de Buján

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O pasado día 6 borrei este artigo, creado o 14 de maio polo mesmo usuario, Ghalegho, que hoxe o recreou. O usuario fora avisado o 16.05 sen que fixese ningunha mellora. O texto que cargou hoxe contén os mesmos erros que aquel (é o mesmo texto, tal cual). A maiores dos erros contén información absolutamente irrelevante (como que se mercara "con moito esforzo" e que conte cunha sala de festas para 200 persoas, unha sala de banquetes, etc.) ou que estea situado "na rúa Rondeau entre cáleas [sic] Solís e a rúa Vicerrei Cevallos". Tampouco ten sentido lembrar que "nos anos 50 e 60 en España, o galego non era idioma co-oficial do Reino". O usuario Xas fixo algún arranxo formal, pero o problema é de fondo máis que de forma. Non o vou volver borrar xa que outras accións nesa liña foron revertidas para reconstruí-los artigos, pero quede aquí esta observación. Pedro --Lameiro (conversa) 21:18, 16 xuño 2009 (UTC)

  • Pois para min, polo que dis, pode ser de borrado outra vez.--Atobar (conversa comigo) 21:55, 16 xuño 2009 (UTC)
  • Fixen algunhas das modificación que suxire Lameiro. A ver que vos parece agora. Penso que así pode quedar, sobre todo pensando no que comenta Pedro ao respecto de que se se borra, seguramente vai ser creado de novo.--Xas (fálame) 22:39, 16 xuño 2009 (UTC)
Bo traballo, Xas.--Atobar (conversa comigo) 22:40, 16 xuño 2009 (UTC)
Tódalas miñas reservas están xa fóra de lugar tralas correccións introducidas por Xas. Grazas e coméntoche na túa conversa unha última cousa. Pedro --Lameiro (conversa) 16:29, 17 xuño 2009 (UTC)